Trámites

Dende o Concello de Melide queremos achegar a administración local aos nosos veciños e veciñas. Para iso, nesta sección podes acceder a todos os procedementos e trámites on line dispoñibles a través da sede electrónica só con premer no seguinte enlace: https://sede.concellodemelide.gal/opencms/gl/.

Se queres facer calquera outro tipo de xestión, aquí podes descargar un modelo de instancia para entregar no rexistro xeral do Concello de Melide.

Dentro desta web poderás realizar os seguintes trámites:

1- Actividades Culturais e Deportivas
2- Circulación e vía pública
3- Emprego público
4- Inscrición en rexistros
5- Padrón de habitantes
6- Recursos e reclamacións
7- Servizos sociais
8- Subvencións
9- Urbanismo
10- Varios

No caso de que precises algunha outra cousa ou que estas opcións non se axusten á solicitude que desexas cursar, podes acudir ás oficinas do Rexistro Xeral de Melide. Están localizadas na Casa do Concello (Praza do Convento, 5) no primeiro andar.

Se precisas solicitar unha cita co teu médico de cabeceira, podes premer no seguinte enlace da web do Sergas.