Comercio

Dende a súa orixe, a vila de Melide é eminentemente comercial. Unha das grandes vantaxes do noso concello é que o comercio está aberto todos os días do ano, domingos incluídos.

Precisamente na xornada dominical é onde se concentran meirande número de visitantes en Melide. Para todos aqueles que se acheguen o último día da semana á nosa vila, poderán gozar non só dunha ampla oferta comercial, senón tamén hostaleira. De feito, moitos aproveitan a xornada de lecer para quedar a comer en Melide e degustar un dos pratos rei nalgunha das pulperías de referencia. Así mesmo, tamén se pode tomar o aperitivo na zona dos viños para despois desprazarse a algún dos numerosos restaurantes onde se serven pratos de todo tipo. Foto descriptiva No tocante ao mercadiño dominical, este céntrase principalmente na zona do Cantón de San Roque, o cruce principal da vila e a rúa do Convento. Aquí pódense atopar todo tipo de artigos do sector téxtil, zapatos e complementos.

A oferta de produtos agrícolas céntrase no casco histórico melidán. Tanto a rúa da Alfóndiga (xusto detrás da casa consistorial) coma a praza das Coles convértense todos os domingos en punto de encontro de agricultores de Melide e da bisbarra que ofrecen hortalizas, froitas, verduras, queixos e outro tipo de produtos.

O último domingo de cada mes ten lugar a feira grande de gando, a segunda máis importante de Galicia. Esta cita desenvólvese no recinto feiral de gando, localizado ao carón do Palacio de Congresos e Exposicións de Melide.

Aparte destas citas semanais e mensuais, o Concello de Melide colabora na posta en marcha de citas que amosan a calidade dos produtos e servizos ofertados polo empresariado melidán. Estos son a feira de oportunidades Mercamelide e a feira agroalimentaria Manxares. No primeiro caso, a organización corre a cargo da agrupación Asetem-CCA Melide e, no segundo, do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo.


Asociacións de Comerciantes e de Hostaleiros

Asetem-CCA Melide


O amplo tecido empresarial de Melide está agrupado en asociacións. Así, os comerciantes agrúpanse na Asociación de Empresarios da Terra de Melide (Asetem-CCA Melide), actualmente presidida por Manuel Vázquez García.

Esta agrupación naceu o 30 de outubro de 1989 co fin de defender os intereses do colectivo empresarial da vila. Un dos fitos históricos desta asociación tivo lugar o 27 de maio de 2010, cando o antigo Centro Comercial Aberto Vila de Melide, con preto de 50 membros, se integrou en Asetem para conformar a actual Asetem-CCA Melide. Foto descriptiva Dende entón o número de asociados non parou de medrar chegando ata máis de 150 asociados, entre os que se atopan todo tipo de estabelecementos comerciais, hostaleiros, hospedaxes, así coma empresas de servizos.

Entre as numerosas actividades que se desenvolven dende a Asociación de Empresarios da Terra de Melide, cómpre salientar a xa consolidada feira de oportunidades Mercamelide, unha cita que conta coa colaboración do Concello de Melide. Esta cita, na que se ofrecen produtos de calidade a prezos reducidos, ten carácter bianual, desenvolvéndose normalmente nos meses de febreiro e de xullo, coincidindo coas rebaixas de tempada nos estabelecementos comerciais. As instalacións do Palacio de Congresos e Exposicións de Melide acolle os arredor de medio cento de postos que soen participar nesta iniciativa que conta con moi boa acollida entre o público.

A maiores, dende Asetem-CCA Melide desenvólvense diversas campañas especiais para animar as compras nos estabelecementos asociados. Entre elas atópanse as campañas especiais de Nadal, nas que se sortean vales de compra entre todos os clientes que mercasen nos comercios asociados.

Podes consultar máis detalles sobre Asetem-CCA Melide na súa web: www.asetem.com.


Asociación de Hostalería Melide Móvese

O concello de Melide conta tamén cunha amplísima oferta de hostalería. Parte dos profesionais deste sector no municipio están integrados na Asociación de Hostalería Melide Móvese. Nela inclúense tanto bares coma restaurantes e os estabelecementos da movida nocturna, principalmente concentrados na rúa Galicia. Foto descriptiva

Esta asociación naceu co obxectivo de:

Entre as actividades desenvolvidas dende esta asociación atópanse diversos eventos solidarios, coma a Gala benéfica do Combo Dominicano celebrada o pasado mes de maio de 2015. Tamén se organizan con carácter periódico rutas de pinchos polos bares e restaurantes da vila co fin de promocionar a calidade da hostalaría melidán.

A Asociación de Hostalería Melide Móvese conta cunha páxina en Facebook á que podes acceder neste enlace: https://www.facebook.com/melidemovese/. Nela fanse eco de todas as iniciativas desenvolvidas polos distintos locais hostaleiros da vila, así como das iniciativas colectivas que organizan.