Solo Industrial
Polígono Industrial da Madanela
Convertido xa no pulmón industrial de Melide, este parque empresarial está localizado nas aforas da capital municipal seguindo a estrada nacional N-547 en dirección a Lugo e está promovido por Xestur Galicia. A distancia con respecto ás principais cidades galegas é a seguinte:
- Santiago de Compostela: 57 kms.
- Coruña: 75 kms.
- Ferrol: 91 kms.
- Lugo: 45 kms.
- Ourense: 92 kms.
- Pontevedra: 119 kms.
- Vigo: 143 kms.
A súa construción desenvolveuse en dúas fases, a primeira delas no ano 1997, e
a segunda, no 2007. Na actualidade, conta cunha superficie total de 142.000
metros cadrados, 80.000 dos cales se destinan a uso industrial e están
divididos en 74 parcelas. A superficie destas vai dende un mínimo de 625
metros cadrados ata un máximo de 3.275 m2, ofrecéndose a posibilidade de
agrupalas. Dacordo cos datos de Xestur, quedan libres sete parcelas, con
dimensións comprendidas entre os 1.500 e os 3.000 metros cadrados de
superficie. Cómpre indicar que dúas delas, as únicas pendentes da primeira
fase de construcción do polígono industrial, están reservadas a equipamento
social e equipamento comercial, respectivamente.
O polígono empresarial conta con todos os servizos necesarios para a posta en
marcha de industrias. O parque empresarial tamén acolle servizos municipais
coma o Punto Limpo de Melide.
Se desexas consultar a ficha do parque empresarial da Madanela, preme no
seguinte enlace da web de Xestur Galicia:
http://www.xesturgalicia.com/index.php?seccion=solo_empresarial&opcion=fichape&id=205
Parcelas disponibles aquí