Programas municipais
O Concello de Melide desenvolve varios programas de actividades anuais tanto para os máis cativos como para adultos. Aparte doutras iniciativas que se levan a cabo de xeito puntual en épocas específicas do ano, como o Nadal ou os meses de verán, os programas que meirande número de participantes congregan son o das Escolas Deportivas e Culturais de Melide e o do Centro Social de Melide, aos que se unen as accións promovidas dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Melide.
- Escolas Deportivas e Culturais de Melide
Para os cativos ofértanse unha vintena de disciplinas con grupos de entre 15 e 20 rapaces por actividade. As Escolas Deportivas e Culturais infantís inclúen as seguintes ofertas para o curso 2016/2017:
- Fútbol Sala Infantil
- Fútbol Sala Biberón
- Fútbol Sala Prebenxamín
- Fútbol Sala Alevín
- Patinaxe Artístico I
- Patinaxe Artístico II
- Teatro
- Danza Moderna I
- Danza Moderna II
- Ballet I
- Ballet II
- Ballet III
- Pintura I
- Pintura II
- Fotografía I e II
- Gaita
- Percusión
- Acordeón
- Baile Galego
- Pandeireta
No caso das Escolas Deportivas e Culturais para adultos, as actividades ofertadas para o curso 2016/17 son as seguintes:
- Fotografía I e II
- Corte e Confección
- Pintura
- Gaita
- Percusión
- Acordeón
- Ximnasia no rural (nas parroquias de Maceda, Campos, Furelos e Orois)
As actividades, a excepción da ximnasia no rural, desenvólvense en distintas instalacións municipais coma o pavillón municipal, o edificio multiusos, o CEIP A Martagona, ou o telecentro de luns a venres en horario de tarde. As Escolas Deportivas e Culturais, que normalmente comezan en outubro e se estenden ata xuño, contan con arredor de 600 persoas inscritas, entre nenos e adultos, o que denota o grande interese que hai por este tipo de programas municipais.
- Programas do Centro Social de Melide
No Centro Social de Melide, realizanse anualmente un sinfín de actividades que son moi ben acollidas por parte de todos os socios/as coas que conta o centro. Entre ditas actividades atópanse as seguintes:
- Ximnasia de mantemento
- Obradoiros de memoria
- Obradoiros de cestería, pintura, calceta, etc.
- Cursos de bailes de salón e sesións de confraternización
- Viaxes e excursións
- Cursos de informática, manualidades e primeiros auxilios
- Xogos de mesa e campionatos
Son moitas e variadas as actividades, salientando a de Bule con Alcer. Trátase dunha ximnasia terapéutica, adaptada a cada patoloxía concreta e que se realiza durante un ano, tres días á semana, un deles na piscina. O número de participantes é moi alto, sendo Melide o que encabeza o listado de usuarios e usuarias deste programa dentro da provincia da Coruña. O total de participación é dun centenar de asistentes repartidos en catro grupos de luns a venres. Son moitas as persoas que asisten a esta actividade coma forma de mellora da calidade de vida dos asistentes.
Ademais, ofrécense tamén outras actividades de carácter anual coma a Xuntanza de Maiores, que se desenvolve a principios do mes de maio. Nela, todos os socios e socias e familiares do centro, poden gozar dunha xornada de encontro con baile e degustando produtos típicos galegos, co fin de disfrutar dun día de encontros e intercambio de vivencias entre todos os socios e socias do centro.
Outra das actividades con máis éxito no centro e que acolle grande cantidade de asistentes de toda Galicia é o Certame de Miss e Míster Galicia. Trátase dun evento organizado o segundo domingo de xuño, onde o glamur, a elegancia, ou a simpatía, entre outros aspectos, dos nosos maiores se deixan ver enriba da pasarela que se localiza no Cantón de San Roque da vila.
- Programas do CIM
Dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Melide tamén se levan a cabo numerosas actividades durante todo o ano en materia de Igualdade e conciliación, entre as que cómpre salientar as seguintes:
- Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar
- Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero
- Programa de actividades para fomentar a igualdade entre xéneros
- Cursos de alfabetización básica para persoas en situación de risco de exclusión