Instalacións municipais - Velorio Municipal
- Velorio Municipal de Melide.
O Concello de Melide conta cos servizos dun velorio municipal, integrado por dúas salas. A xestión do velorio é directamente municipal, e está regulada por unha ordenanza aprobada polo Pleno Municipal con data 12 de novembro de 2003, e modificada polo BOP nº 300 do 31 de decembro de 2007.
A cota tributaria, estipulada pola devandita ordenanza será a seguinte:
Pola utilización de cada sala do velorio por período de 24 horas: 160,52 €.
Por cada noite a maiores (entendendo por noite a partir das 20.00 horas e ata as 8.00 do día seguinte), a cota tributaria é de 80,26 €.