Instalacións municipais - Seguridade Cidadá
- Protección Civil de Melide.
O grupo de voluntarios de Protección Civil de Melide nace en 1993. O 27 de xuño de 2007, a corporación municipal de Melide decidiu por unanimidade concederlle ao servizo de Protección Civil a Medalla de Ouro de Melide, en recoñecemento ao seu bo traballo, desenvolvido 24 horas ao día.
No mes de setembro de 2007, dotouse ao servizo de Protección Civil dun novo vehículo, un todoterreo especialmente deseñado para a intervención en vías de poboación de difícil acceso que conta cun remolque para o traslado de todo o equipo de excarceración necesario para atender accidentes de tráfico.
A sede de Protección Civl de Melide atópase na propia Casa do Concello.
Presidente: Juan Carlos Curros Vázquez
Secretario: Roberto Vázquez - Policía Local de Melide.
A patrulla de Policía Local do Concello de Melide está integrada por cinco axentes. Ten á súa disposición dous vehículos.
Calquera persoa que precise dos servizos da Policía Local de Melide pode dirixirse ás súas oficinas, sitas nas dependencias do Concello. - Garda Civil.
O cuartel da Garda Civil de Melide atópase situado no Forte. A través do seu teléfono de contacto, ou ben directamente nas dependencias do cuartel, calquera persoa pode solicitar os servizos deste corpo de seguridade do Estado.