Instalacións municipais - Educación
- CEIP Nº 1 de Melide
É o colexio máis antigo de Melide e o único do concello que conta con servizo de comedor. Está situado a carón do Edificio Multiusos. Para coñecer máis detalles podes ir ao sitio web desde centro educativo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero1melide/
- CEIP A Martagona
Foi o segundo colexio que se construíu en Melide, a comezos dos anos oitenta. Atópase situado a carón da escola infantil, e do pavillón polideportivo municipal.
- CEIP Mestre Pastor Barral
O colexio máis novo de Melide chamouse nun primeiro momento Colexio nº 3, e posteriormente recibiu o nome de Pastor Barral, en lembranza deste mestre melidense.
- IES Melide
O Instituto de Ensinanza Secundaria de Melide é un dos máis dinámicos do interior do país. Pode coñecer toda a actividade que xera este centro educativo a través da súa propia web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmelide/) na que se define como o instituto ao que acoden os alumnos e alumnas dunha das comarcas galegas máis e mellor definidas a nivel natural, económico e cultural: a Terra de Melide.
- Conservatorio de Música de Grao Medio de Melide
O Conservatorio de Música de Grao Medio de Melide conta con 17 aulas na que imparten clase catorce profesores e profesoras. As 11 disciplinas impartidas son as seguintes:
- Canto
- Viola e piano
- Violonchelo
- Frauta e Composición
- Percusión
- Clarinete
- Acordeón
- Piano
- Contrabaixo
- Trombón
- Trompeta
O Conservatorio de Música de Grao Medio de Melide atópase nas instalacións do Edificio Multiusos.