• INICIO
  • CONCELLO
  • MELIDE AO DÍA
  • SERVIZOS AO CIDADÁN
  • TURISMO
  • Trámites
  • Instalacións municipais
  • Programas municipais
  • Emprego
  • Solo Industrial
  • Comercio
  • FAQs

Instalacións municipais - Economía


  • Viveiro de empresas do Concello de Melide.

    O Viveiro de Empresas do Concello de Melide ubícase no Edificio Multiusos sito na Praza das Universidades s/n - 15800 Melide (A Coruña). Conta cunha superficie total útil de 241,01 m2 e dispón de 5 despachos, un aula de formación con capacidade para 21 alumnos, zona de descanso, aseos e zonas comúns incluíndo mantemento, limpeza de zonas comúns, luz e internet. https://goo.gl/maps/FJEEAdoFyem. HORARIO: Aínda por confirmar

    Viveiro de empresas do Concello de Melide

    • Cales son os obxectivos do Viveiro de Empresas de Melide?.
      O Viveiro de empresas ten como finalidade contribuir á creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial de Melide e da comarca, xerando riqueza e emprego na localidade. Fundamentase en ofrecer, a través dun réxime de cesión de uso temporal, un espazo físico equipado para o funcionamento do negocio e unhas instalacións comúns.

    • Quen se pode beneficiar?.
      • Empresas novas que comecen a súa actividade no Viveiro de Empresas.
      • Empresas de recente creación. Empresas xa existentes cunha antigüidade máxima do negocio de 24 meses dende o inicio da actividade.
      • Emprendedores que necesiten un espazo adecuado para estudar e preparar o seu proxecto.

    • Que outros servizos se ofrecen no Viveiro de Empresas de Melide?.
      • Tutelaxe dos proxectos acollidos no Viveiro.
      • Servizos de asesoramento e formación.
      • Estudo e análise dos proxectos.
      • Asesoría xurídica, fiscal e laboral.

    No seguinte enlace podes consultar a ordenanza reguladora do Viveiro de Empresas de Melide aquí

  • Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC).

    A OMIC de Melide asesora aos consumidores e usuarios de servizos públicos sobre os seus dereitos. Nesta oficina o consumidor atopará os seguintes servizos:

    • Atención personalizada de consultas.
    • Análise e tramitación de denuncias, queixas e reclamacións.
    • Mediación entre as partes para a resolución de determinados conflitos.
    • Campañas de información e orientación ao consumidor.

Síguenos: facebook twitter youtube flickr

Concello de Melide - Praza do Convento, 5. 15800. Melide - Tfno: 981 50 50 03 / Fax: 981 50 62 03 - Email: concello@concellodemelide.gal