Instalacións municipais - Cultura
- Centro Socio-Cultural de Melide (Casa da Cultura).
A tamén coñecida como Casa da Cultura abríu as súas portas en febreiro do pasado ano 2014. Este moderno edificio conta cunha ampla sala de exposicións, amais dun salón de actos con máis de 250 butacas para os asistentes ás numerosas actividades e actuacións que nela se desenvolven. A maiores, o Centro Socio-Cultural de Melide dispón dunha zona de camerinos, un amplo hall e aseos.
Na primeira planta desenvolverase un proxecto de remodelación que dotará a esta infraestrutura cultural con máis de 130 butacas. Unha vez completada a actuación, a Casa da Cultura contará cun aforo de preto de 400 prazas.
Dende que abríu definitivamente as súas portas, o Centro Socio-Cultural de Melide é un dos epicentros da vida social e cultural do concello de Melide. - Servizo de Normalización Lingüística (SNL).
O Concello de Melide dispón dun SNL ten como obxectivo fundamental incrementar o uso e prestixio do galego en todos os ámbitos do termo municipal. As tarefas e funcións do dito servizo atinxen tanto ao corpus da lingua como ao seu status. Entre elas, cómpre mencionar as seguintes:
- Dinamización lingüística.
Desde o SNL de Melide póñense en marcha programas destinados a conseguir a implicación progresiva de todos os colectivos neste proceso. Para conseguir este obxectivo desenvolve funcións como:- Realización de campañas de sensibilización encamiñadas a dinamizar o uso do galego nas actividades cotiás da cidadanía en todos os eidos.
- Proposta de programas dinamizadores e actividades que conciencien á sociedade melidá respecto ao uso da lingua galega.
- Potenciación e xestión de liñas de información e axuda para fomentar o uso do galego.
- Formación sociolingüística.
O proceso de normalización require tamén de intervencións formativas, tanto lingüísticas como sociolingüísticas. A través delas ensínase galego ás persoas que non o coñecen ou precisan mellorar a súa competencia lingüística tanto na escrita como na súa oralidade. Ademais realízanse labores de:- Difusión de materiais que contribúan á tarefa normalizadora.
- Xestión da realización de cursos de lingua galega para a poboación en xeral, con especial fincapé na poboación inmigrante.
- Detección das necesidades formativas do cadro de persoal do Concello.
- Colaboración no deseño de programas de formación non lingüística.
- Asesoramento lingüístico.
Os obxectivos deste asesoramento son os de:- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa dos textos escritos.
- Fixar criterios lingüísticos propios da organización.
- Ofrecer asesoramento lingüístico externo.
- Elaborar documentos administrativos.
- Dinamización lingüística.
- Biblioteca Pública Municipal Xosé Vázquez Pintor.
A biblioteca municipal Abríu as súas portas en 1978, froito dun convenio entre o Concello de Melide e o Ministerio de Cultura no 1977, cun fondo de 3.000 volumes, dos que 2.500 procedían do lote fundacional doado polo Ministerio de Cultura e os 500 restantes, todos exemplares en lingua galega, foron achegados polo concello. O esforzo inicial de organización da biblioteca hai que agradecerllo a tres mestres: José Reinoso Carrera, Fernando Somoza e José Hermida. O 7 de xuño de 2008, a Biblioteca de Melide recibíu o nome dun escritor da vila: Xosé Vázquez Pintor.
A Biblioteca Pública Municipal estivo localizada ata o ano 1982 no baixo da Casa do Concello, onde compartía espazo co Museo de Melide. Na actualidade, atópase no primeiro andar do Edificio Multiusos, na Praza das Universidades, acolle a actual Biblioteca Pública Municipal. Con 200 m² de superficie e arredor de 300 metros lineais de andeis, a biblioteca conta na actualidade con máis de 15.000 volumes aproximadamente, e unha sección dedicada integramente ao Camiño de Santiago.- Principais servizos da Biblioteca Municipal.
- Internet: Os seus máis de 3.000 usuarios teñen acceso a servizos de internet (a biblioteca dispón de catro computadores para este uso), escáner, webcam e WIFI.
- Préstamo a domicilio: Para ter acceso a este servizo é imprescindible ter o carné de lector da biblioteca municipal, que se pode conseguir de xeito moi doado, cumprimentando o impreso de solicitude que se recolle na biblioteca e unha fotografía tamaño carné.
- Préstamo interbibliotecario: desde a biblioteca podes ter acceso a libros ou documentación doutras bibliotecas. A día de hoxe a biblioteca de Melide colabora para achegar este servizo aos/ás usuarios/as coas seguintes entidades: Biblioteca Nacional, Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, Biblioteca Provincial de Lugo, Biblioteca Municipal de A Coruña e outras do ámbito municipal de toda a comunidade autónoma.
- Consulta do catálogo a través de Internet: dende esta web (http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CBM056) podes acceder ao catálogo da Biblioteca Xosé Vázquez Pintor
- Fondo local: O fondo local da biblioteca recolle as publicacións editadas na comarca, desde revistas, folletos e anuarios ata rueiros e audiovisuais. Entre as obras máis destacadas coas que conta a biblioteca, cómpre salientar o estudo histórico Terra de Melide, realizado por Otero Pedrayo, Antón Fraguas, Cuevillas e os melidenses Antón Taboada Roca, Amador Rodríguez, Víctor Rodríguez e Alfredo Álvarez, editado polo Seminario de Estudos Galegos, que reeditaría no ano 1978 Ediciós do Castro.
- Horario: De luns a venres 09:00 - 13:00 h.; 16:30 - 19:30 h.
- Principais servizos da Biblioteca Municipal.