Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide equipa o seu Punto Limpo gracias a un convenio coa FEGAMP

29/10/2016. O Concello de Melide ven de adherirse a un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias para aumentar as infraestruturas do Punto Limpo, que segundo indica o goberno local de Dalia García, é cada vez máis utilizado pola veciñanza.

O Concello de Melide vai incrementar os servicios do seu punto limpo que está ubicado no Polígono da Madanela do concello. Gracias ao convenio asinado polo Concello de Melide, pola FEGAMP e coa colaboración da Consellería de Medioambienta da Xunta de Galicia, se vai instalará unha balanza e un traspalé para poder manexar todos aqueles residuos que así o demanden.

Por outra banda, tamén se instalará unha marquesiña para depositar os aparellos eléctricos, servicios todos eles que ate do momento o Punto Limpo non tiña. A alcaldesa de Melide, Dalia García, recorda a importancia de coidar o medioambiente e de concienciar a todos os veciños e veciñas da existencia dun servicio como é o punto limpo que de maneira gratuíta recolle todo tipo de residuos que non poden ser vertidos aos contenedores de lixo normais.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp