Alcaldía

Foto Alcalde Melide

Amigas e amigos,

É unha honra para min poder dirixirme a todas aquelas persoas que estades a visitar esta xanela que nos ofrece a tecnoloxía.

Desde aquí, quero convidar a toda a veciñanza a participar de forma activa na vida municipal a través das canles de comunicación habilitadas para iso, para que nos acheguedes as vosas ideas, suxestións e opinións, que nos permitan mellorar como Concello acadando un mellor benestar para os melidenses e para os que nos visitan.

Aos que nos visitades desde fóra, anímovos a achegarvos a Melide para que poidades desfrutar da hospitalidade das nosas xentes, para que apreciedes o noso patrimonio cultural e histórico e desfrutedes das nosas festas, da nosa gastronomía e dos nosos costumes.

O contido da páxina web que estades a visitar irase adaptando continuamente ás necesidades que xurdan no día a día, sempre baixo a premisa de ser unha canle de información continua, de fomentar a transparencia e de facilitar a realización de xestións básicas.

José Manuel Pérez Penas
Alcalde de Melide