Axenda


1 de abril
Melide está de Moda 2017

A Casa da Cultura de Melide acollerá o sábado 1 de abril a partires das 18.00 horas unha nova edición da pasarela de moda na que membros da Asetem-CCA Melide amosarán as novas tendencias da tempada de primaveira-verán. A entrada é de balde.


28 de febreiro
Concurso de Disfraces de Entroido

O Concurso de Disfraces de Entroido terá o seguinte horario:
16.30 horas. Recepción aos participantes no Cantón de San Roque
17.30 horas. Desfile de participantes no Pazo de Congresos e Exposicións e Concurso de Disfraces (no caso de choiva, cancelarase o desfile e a recepción de participantes realizarase unha hora antes do concurso no Pazo de Congresos e Exposicións)


26 de febreiro
Festa Infantil de Entroido

O Pazo de Congresos e Exposicións acollerá a partires das 17.30 horas a Festa Infantil de Entroido. Haberá baile, animación, inchábeis e moitas sorpresas


25 de febreiro
Masterclass Zumba no Entroido

Terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide ás 18.00 horas


24 de febreiro
Concerto veneciano

O Conservatorio de Música de Melide ofrecerá un concerto con temática de Entroido


4 e 5 de febreiro
Mercamelide

Feira de Saldos no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide.


Luns 9 de xaneiro
21.00 horas. Casa da Cultura

Gala Asetem. ‘Este Nadal toca en Melide’, con Víctor Grande e Dani Royo & Versions Band. Realizarase un sorteo de 6.000 euros en premios.


Sábado 7 de xaneiro
Casa da Cultura

Actuación das Cantareiras de Ardebullo.


Venres 6 de xaneiro
18.30 horas. Centro social de Melide

Baile e sorteo de agasallos de Reis.


Xoves 5 de xaneiro
18.00 horas. Polas rúas de Melide

Cabalgata de Reis, con animación a cargo de Hakunamatata. A cabalgata sairá do Pazo de Congresos para realizar un percorrido polas rúas e finalizará coa recepción aos pequenos na Igrexa parroquial na praza do Convento.


Ata o Luns 2 de xaneiro
Centro Social de Melide

Campaña de recollida de xoguetes para que todos os nenos e nenas teñan agasallos de Nadal.


Domingo 1 de xaneiro
18.30 horas. Centro Social de Melide

Brinde de aninovo e baile amenizado por Suso de Boente.


Sábado 31 de decembro
16.30 horas/17.30 horas. Praza do Convento
foto

San Silvestre Solidaria Melidense. Carreira non competitiva organizada pola Asociación deportiva Cerne en colaboración co Concello de Melide. As inscripcións son gratuítas achegando alimentos non perecedeiros en favor de Cáritas Melide.

A categoría da carreira para escolares (cun circuíto de 800 metros) comezará ás 16.30 horas e a de adultos (de 3,3 quilómetros). A saída e a chegada será a propia Praza do Convento. A recollida de dorsais desta proba non competitiva deberá realizarse de 12.00 a 13.00 horas e de 15.30 a 16.30 horas na Praza do Convento.

Máis información

Venres 30 de decembro
18.00 horas. Casa da Cultura

Cine infantil coa proxección do filme ‘Copito de Nieve’.


Xoves 29 de decembro
18.00 horas. Casa da Cultura

Cine infantil coa proxección do filme ‘Mary Poppins’.


Mércores 28 de decembro
20.30 horas. Casa da Cultura

NADAL CULTURAL. Teatro coa obra ‘Taller dos xoguetes’ a cargo do Grupo de Teatro das Escolas Culturais do Concello de Melide.