Novas

O Polígono Industrial da Madanela oferta solo industrial bonificado ao 30 por cento.
31/01/2017. A empresa pública Xestur ofrece 1,4 millóns de metros cadrados desde 12,5 euros o metro. Preto da metade do solo ofertado ten prezos por debaixo de 50 euros o metro cadrado, unha vez aplicada a bonificación. Ler máis

Melide celebra a sétima edición da InvernoVespa con máis dun cento de participantes.
29/01/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada da edil de Traballo e Benestar, Maria Jesús López, déronlle a benvida aos trece clubes participaron esta mañá na primeira concentración de lambrettas e vespas do ano. Ler máis

O goberno local pide que a Oficina do Peregrino rectifique as credenciais que non sitúan a Melide na ruta do Camiño Francés.
28/01/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, subliña que algúns dos Concellos representados na Mancomunidade do Camiño Francés se encontran na mesma situación sen explicación racional dos cambios na Compostelana. Ler máis

As SS MM Os Reis Magos de Oriente ultiman os preparativos para a súa chegada a Melide
03/01/2017. Os Reis Magos de Oriente chegarán a Melide este xoves, onde recibirán todos os correos dos cativos e cativas que queiran deixalos no buzón real situado nos baixos da Casa do Concello. O día 5, a partires das 18.00 horas, as súas Maxestades ofrecerán a recepción real na Casa da Cultura da vila. Ler máis

Brinde de aninovo no Centro Social de Melide para comezar o 2017 cunha grande festa
03/01/2017. A alcaldesa, Dalia García, xunto con membros do seu goberno, pasou un serán animado gracias á vitalidade dos socios e socias do Centro Social que acudiron a brindar por un novo ano cheo de ledicia e sorpresas. Ler máis

Masiva asistencia á San Silvestre melidense, organizada polo clube deportivo A.D. Cerne
03/01/2017. As rúas do casco vello enchéronse de corredores de todas as idades que se sumaron a esta iniciativa solidaria co fin de recoller alimentos que foron posteriormente doados a Cáritas Parroquial Melide. Ler máis

O Pleno de Melide dá luz verde a inscripción rexistral dunha finca necesaria para a construcción do Centro de Saúde
03/01/2017. O goberno local vén de aprobar cos votos favorables do PSOE e a abstención do BNG a inscripción no inventario de bens municipais unha finca lindante coa dúas actualmente xa inventariadas para a cesión ao SERGAS de todos os terreos. Ler máis

Melide oferta unha programación de Nadal para nenos e maiores moi variada
22/12/2016. A alcaldesa, Dalia García, xunto coa concelleira Dolores Gómez veñen de presentar ata 15 actividades ata o vindeiro 9 de xaneiro, data na que pechará o ciclo cultural programado para estas festas co sorteo de Nadal no que colabora o Concello de Melide e ASETEM. Ler máis

O curso de cociña do Concello de Melide agasalla petiscos gatronómicos no Nadal
22/12/2016. Xa é tradicional dentro da oferta cultural de adultos do Concello de Melide pechar o ciclo do ano cunha oda á gastronomía do Nadal. Así o fixeron os alumnos e alumnas do curso de cociña organizado pola concellaría de Benestar que dirixe María Jesús López. Ler máis

Ocio Nadal Melide 2016 oferta actividades infantís para todos os gustos
22/12/2016. Ocio Nadal Melide 2016 é o programa de Nadal que encherá de ilusións o Palacio de Congresos de Melide ata o día 1 de xaneiro de 2016. Trátase dun parque temático onde nenos e familias poderán desfrutar de atraccións así como dunha pista de xeo sintética. Ler máis

A Gardería Municipal dótase de novo material cun investimento de preto de 8.000 euros
22/12/2016. A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira do ramo, M. Jesús López, visitaron hoxe as instalacións da Gardería Municipal situada na Rúa Martagona para comprobar de primeira man a adquisición do novo material. Ler máis

O xurado do concurso de escaparates Nadal 2016 fará público o seu faio o mércores 4 de xaneiro
22/12/2016. Dentro da campaña de dinamización do comercio neste Nadal, o Concello de Melide organizou un concurso de escaparates co obxectivo que o comercio se implicase embelecendo o seu produto e propia vila con ideas innovadoras para a venda de produtos nesta época do ano. Ler máis

O Concello de Melide recibe trinta contenedores do lixo por parte da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia
22/12/2016. O Concello de Melide vén de recibir por parte da Consellería de Medioambiente trinta novos colectores do lixo logo de facer un inventario das necesidades de recambio de colectores ou novos puntos de recollida para adecuarse a novas necesidades veciñais. Ler máis

A Orquestra de Cámara de Galicia conquista Melide
17/12/2016. O conxunto, dirixido por Rogelio Groba, deleitou ao público melidá que onte asistíu ao concerto que tivo lugar na Casa da Cultura da vila, co galo da proximidade do Nadal. O auditorio estaba ateigado de veciños que non se quixeron perder esta actuación. Ler máis

“Manxares”, a feira agroalimentaria de produtos do GDR reúne en Melide a preto de vinte expositores
17/12/2016. O Cantón de San Roque será hoxe o escenario idóneo para adquirir produtos de primeira calidade, moitos deles nacidos de negocios familiares tratados de forma artesá e con clara vocación de sustentabilidade medioambiental. Ler máis

A ponte de Furelos, proposta como monumento a restaurar no marco do programa de Fomento para o Camiño de Santiago
12/12/2016. A alcaldesa, Dalia García, reuníuse con técnicos de Fomento e Patrimonio nunha xuntanza na sé da Axencia Galega de Turismo de Galicia para analizar o proxecto proposto pola empresa gañadora do concurso de ideas para restaurar a emblemática ponte. Ler máis

A Orquestra de Cámara de Galicia estará en Melide o venres 16 de decembro
12/12/2016. A programación cultural para este Nadal 2016 comeza o venres día 16 co Concerto de Nadal a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia. Nesta formación está unha melidá, Sara García, quen debutará na Casa da Cultura da vila como violinista cunha actuación en solitario. Ler máis

3.000 kilos de alimentos saldan a gran participación do I Torneo de Fútbol Sala solidario
12/12/2016. Esta mañá os voluntarios e voluntarias de Cáritas Parroquial Melide procederon ao traslado e clasificación dos alimentos recolectados onte co galo da celebración do I Torneo Solidario de Fútbol Sala do Concello de Melide. Ler máis

I xornada adicada á Micoloxía do Concello de Melide organizada pola concelleria de mocidade
26/11/2016. O Concello, dende a Concellaría de Mocidade, que dirixe Yolanda Pérez, nova incorporación do goberno melidá, ven de organizar nesta xornada de sábado o I Curso de iniciación a micoloxía co fin de entrar neste mundo para os non iniciados. Ler máis

“Menú da Fala” chega a Melide mañá domingo na Casa da Cultura
26/11/2016. O Concello de Melide acollerá mañá o espectáculo de “Menú da Fala” ás 19.30 h na Casa da Cultura de xeito gratuito. Este espectáculo está incluído no Outono Cultural da Deputación da Coruña, que oferta a Melide con esta actividade para o serán do domingo. Ler máis

445 horas máis de atención a dependentes en Melide
19/11/2016. O Concello de Melide incrementa 445 horas de axuda a dependentes o que supón un total de 2622. Esta ampliación supón, segundo indican dende a Concellaría de Servicios Sociais, una suba do servizo en algúns casos e nove novas altas no servizo. Ler máis

Melide súmase a campaña de aforro na facturación eléctrica
19/11/2016. O Concello de Melide dará unha charla informativa na sala de conferencias do Edificio Multiusos da vila o día 1 de decembro para chegar a diminuír ata un 75% na facturación da luz. Todos os veciños e veciñas de Melide están convidados a asistir de maneira totalmente gratuíta. Ler máis

Máis de 150 persoas reúnense en Melide no III Encontro de Bule con Alcer
07/11/2016. Na terceira edición do Encontro Bule con Alcer Galicia que se celebrou en Melide esta fin de semana asistiron a alcaldesa de Melide, Dalia García, o vicepresidente de Alcer Coruña, Carlos Iglesias así como a xefa territorial do SERGAS, Cristina Pérez. Ler máis

Melide celebra o seu tradicional Magosto no Cantón de San Roque
07/11/2016. O domingo foi a data elixida para o Magosto de Melide, unha reunión social que cada novembro reúne a veciñanza entorno do froito seco máis famoso de Galicia, a castaña. O Cantón de San Roque albergou música, baile, castañas e chocolate para os asistentes. Ler máis

Melide baixa o IBI dous puntos despois da regularización catastral do municipio
07/11/2016. O tipo impositivo do Concello melidá, a pesares de ser un dos equilibrados da comarca, pasará a partir do un de xaneiro de 2017 a un 0,48 o que supoñerá unha rebaixa no recibo da contribución para todos os veciños e veciñas de Melide. Ler máis

O goberno local de Melide baixará o IBI para o vindeiro exercicio 2017
29/10/2016. A alcaldesa, Dalia García, aprobará o vindeiro novembro unha baixada do tipo impositivo do IBI como medida económica para disminuír a presión fiscal sobre os veciños e veciñas de Melide despois da regularización catastral que tivo lugar no municipio durante 2015. Ler máis

Melide equipa o seu Punto Limpo gracias a un convenio coa FEGAMP
29/10/2016. O Concello de Melide ven de adherirse a un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias para aumentar as infraestruturas do Punto Limpo, que segundo indica o goberno local de Dalia García, é cada vez máis utilizado pola veciñanza. Ler máis

Melloras lumínicas na Avenida de Lalín e na Rúa San Cosme de Melide
29/10/2016. O Concello vén de levar a cabo unha mellora na eficiencia enerxética en 2 puntos moi transitados da vila, na Avenida de Lalín, saíndo do casco urbano da vila e na Rúa San Cosme e outras co fin de seguir co proxecto de eficiencia enerxética que se iniciou no ano 2015. Ler máis

Acondicionamento do tramo complementario do Camiño Francés ao seu paso por Melide
22/10/2016. Os traballos foron efectuados pola Axencia Galega de Turismo, a petición do goberno local, quen puxo en coñecemento da axencia autonómica a necesidade de que o trazado complementario fose adecentado debido ao mal estado do firme. Ler máis

Inauguración do Viveiro de Empresas de Melide o vindeiro mércores 26 de outubro
20/10/2016. Nesta xornada contará coa presenza dos directivos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, ao acto están tamén convidados todos os alcaldes da comarca, recordando por parte do Concello que dita infraestrutura actuará de antena cameral. Ler máis

Ximnasia de mantemento nas parroquias do Rural Melidense
20/10/2016. O Concello de Melide ven de poñer en marcha a través da súa concellaría de Deportes, ao fronte da cal está a popular Dolores Gómez, una serie de actividades nas parroquias co fin de dar maiores posibilidades a poboación rural de prácticar deporte de maneira fácil e cercana. Ler máis

A final de Xuventude Crea 2016 celebrase mañá en Melide
18/10/2016. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado desenvolverá mañá a partires das 00.00 horas na sala melidense Factory Room a final do certame Xuventude Crea 2016. A Directora Xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, acudirá ao evento. Ler máis

Melide repón baldosíns en mal estado no casco urbano e prolonga beirarrúas en varios puntos da vila
18/10/2016. A brigada de obras municipais, incluída no Departamento de Obras, que dirixe a concelleira popular, Rosa Cabado, vén de executar ao longo do mes de setembro varias e cuantiosas reparacións en diferentes puntos da vila nas beirarrúas do casco urbano. Ler máis

Curso de Escaparatismo de Nadal para incentivar o comercio local de Melide
18/10/2016. O Concello de Melide pon a disposición do goberno local un curso de escapartismo gratuíto co fin de incentivar aos comerciantes a rendibilizar o seu produto utilizando sinxelas técnicas de marketing para a decoración do seu escaparate en función do seu sector comercial. Ler máis

Outubro cultural e teatreiro na Casa da Cultura de Melide
15/10/2016. O Concello de Melide organiza un outubro cheo de actividades culturais para cativos e maiores co fin de ofrecer un programa atractivo para todas as idades. Este domingo ás 18.00 h da tarde proxectarase o filme infantil “Free Birds” na Casa da Cultura, con entrada de balde. Ler máis

Concello de Melide e ASETEM organizan un curso de e-commerce en colaboración coa cámara de comercio de Santiago de Compostela
15/10/2016. Será o vindeiro 15 de novembro, de 10 a 14 h terá lugar na aula de formación da Asociación de Empresarios, sendo a inscrición gratuíta. O curso está aberto a comerciantes e ao público con interese en formarse nas novas tecnoloxías e plataformas de venda online. Ler máis

Comezan as obras de arranxo da cuberta da Casa do Concello de Melide
14/10/2016. O Concello solventará as humidades que tiña a casa consistorial xa que pervive coa súa primeira cuberta despois da ampliación dos anos 90. 60.500 € que van permitir ter unha cuberta en óptimas condicións e que contribuirá a aumentar a eficiencia enerxética. Ler máis

Dez pistas arranxadas gracias ao Plan Marco de Camiños en Melide
14/10/2016. O Concello de Melide ven de executar melloras no acceso á explotacións gandeiras en varias pistas de Melide, en concreto dez vías do rural vironse beneficiadas por esta acción do goberno local. Ler máis

O 4G chega a Melide e mellora a cobertura móvil
12/10/2016. As operadoras de telefonía móvil comezan a ofrecer na localidade melidense os servicios 4G na banda de 800MHz. A nova tecnoloxía permitirá ter servicios de datos móviles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica. Ler máis

O Xacobeo trae a Melide accións formativas para a hostalería no Camiño
12/10/2016. O 24 de outubro en ASETEM a Escola Itinerante de Turismo vai realizar unha acción formativa denominada "Atención ao cliente nos restaurantes do Camiño" para os estabelecementos hostaleiros interesados en mellorar a súa atención ou aprender novas técnicas. Ler máis

A alcaldesa de Melide, Dalia García, supervisa as obras executadas nas parroquias do rural pertencentes ao plan marco da Consellería de Medio Rural
11/10/2016. A alcaldesa de Melide, Dalia García, visitou nesta xornada, acompañada pola concelleira do ramo, Rosa Cabado, as obras que se están executando nas parroquias do rural relativas a mellora de acceso ás explotacións agrarias e de gando. Ler máis

Programación cultural e deportiva en marcha no Concello de Melide
11/10/2016. As Escolas Deportivas e culturais de Melide arrancaron o pasado luns 3 de outubro cunha oferta variada con 13 modalidades distintas repartidas en distintas quendas, 23, ás que cómpre engadir a terceira idade, Bule con Alcer e as parroquias do rural. Ler máis