Novas

Máis novas do Concello de Melide

I xornada adicada á Micoloxía do Concello de Melide organizada pola concelleria de mocidade

26/11/2016. O Concello, dende a Concellaría de Mocidade, que dirixe Yolanda Pérez, nova incorporación do goberno melidá, ven de organizar nesta xornada de sábado o I Curso de iniciación a micoloxía co fin de entrar neste mundo para os non iniciados.

Ás 10.30 horas deu comezo cunha especialista en cogomelos unha clase teórica sobre iniciación a micolóxica no Salón Rexio do Concello de Melide para posteriormente poñer en práctica o xa aprendido na primeira xornada, cunha saída ao monte da parroquia veciña de Furelos en busca de especies comestibles. Foron máis de 15 persoas, o aforo para o curso de iniciación, que contou cunha gran acollida polo parte do público xeral.

A xornada rematará con outra charla coloquio e cunha masterclass de gastronomía coas especies recollidas na saída ao monte. Dende ao departamento de mocidade, Yolanda Pérez, indica que visto a boa acollida do público o Concello estudiará a posibilidade de aumentar a xornada en diferentes niveis para o vindeiro outono.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp