Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide oferta unha programación de Nadal para nenos e maiores moi variada

22/12/2016. A alcaldesa, Dalia García, xunto coa concelleira Dolores Gómez veñen de presentar ata 15 actividades ata o vindeiro 9 de xaneiro, data na que pechará o ciclo cultural programado para estas festas co sorteo de Nadal no que colabora o Concello de Melide e ASETEM.

Melide, 22 de decembro de 2016.- O Concello de Melide oferta durante todo o ano actividades culturais e deportivas para todas as idades pero implicase máis se cabe nos períodos vacacionais. Desta vez, na última parada vacacional do ano, o Nadal, máis de 15 actividades encherán as tardes e noites de serán organizadas polo consistorio melidá.

Foto de la noticia
Foto de la noticia

Decembro é un mes moi activo culturalmente, manifesta a concelleira de cultura a popular Dolores Gómez, quen apunta que xa dende o IV Festival de Maxia, xunto coa celebración do concerto de Nadal da Orquestra de Cámara de Galicia así como coa celebración das Panxoliñas de Nadal da Coral Polifónica foron actividades nas que colaboramos ou que directamente organizamos so neste mes de decembro. Por outra banda a rexedorá melidá, Dalia García, apunta que a actividade turística e cultural de Melide é parte do seu encanto de vila, facendose eco do popular eslogan “Melide ten de todo”, xa que son moitas as actividades de todo tipo que se ofertan durante todo o ano.

Dentro do Nadal 2016 está programado o espacio Ocio Melide 2016 no Palacio de congresos da vila que abrirá as súas portas mañá venres coa pista de xeo como atracción estelar, xunto con talleres e obradoiros para os máis pequenos. Recordemos que Papá Noel tamén virá visitar os nenos e nenas de Melide, estará presente no Palacio de congresos da vila o venres 23 e o sábado 24 a partires das 17.00 h. O venres 23 tamén teremos un espectáculo na Casa da Cultura, de títeres da man do Crebanoces, ás 18.30 h para seguir o domingo coa felicitación de Nadal no Centro Social melidense na que participa tamén a concelleria de benestar ao fronte da cal está M. Jesús López. Obra de teatro o mércores día 28 de decembro así como proxeccións de filmes gratuítas para os máis cativos e cativas da casa na Casa da Cultura o xoves día 29 e 30 de decembro son algunhas das opcións lúdicas e de tempo libre que oferta o Concello de Melide.

O día 31, último día do ano, o Concello de Melide colabora coa Asociación Deportista Cerne ao organizar unha San Silvestre Solidaria tanto para infantil como para adultos co galo de recoller alimentos para Cáritas Parroquial Melide. Será ás 17.00 h na Praza do Convento da vila.

No Centro social o día 1 de xaneiro recibiremos o ano co tradicional brinde de Nadal para posteriormente preparar a chegada dos maxestuosos Reis Magos, que se o tempo o permite recepcionarán aos máis pequenos e pequenas da vila na Igrexa Parroquial de Melide.

Tamén haberá actividade no Centro Social ese mesmo día de Reis, seis de xaneiro, coa recepción dos agasallos de Reis e a proba do roscón. A actividade cultural prosigue coa visita das Cantareiras de Ardebullo na Casa da Cultura o 7 de xaneiro, poderánse adquierir as entradas nos lugares habilitados de maneira anticipada ou na propia taquilla da Casa da Cultura ata completar aforo para pechar a programación coa gala sorteo de Nadal de 6.000 euros que o Concello patrocina xunto con ASETEM.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp