Novas

Máis novas do Concello de Melide

O curso de cociña do Concello de Melide agasalla petiscos gatronómicos no Nadal

22/12/2016. Xa é tradicional dentro da oferta cultural de adultos do Concello de Melide pechar o ciclo do ano cunha oda á gastronomía do Nadal. Así o fixeron os alumnos e alumnas do curso de cociña organizado pola concellaría de Benestar que dirixe María Jesús López.

Unha das actividades que ano a ano suma máis adeptos nas Escolas Deportivas e Culturais para adultos son os cursos de cociña do Concello de Melide. Onte foron moitos os que despediron esta edición antes de que remate o ano non antes sen probar o mellor do aprendido durante estos meses no salón rexio da Casa consistorial de Melide.

Pratos elaborados, doces e salgados foron os que reuniron ao redor da mesa aos participantes que pouco a pouco van ganando a experiencia necesaria para innovar gatronómicamente cun tipo de cociña barta pero moi orixinal. O curso conta con 18 participantes que seguirán activos ata finais de xaneiro e que ónte fixeron a súa participal festa de Nadal desfrutando de auténticos praceres, tanto doces como salgados para o padal.

O curso alberga dende pratos que esixen certo nivel de preparación ou experiencia ata decoración de mesas con moi pouco esforzo tratanto de rendibilizar o que cada un posúe como básico na súa casa. Dende o Concello de Melide apoian este tipo de iniciativas como unha maneira de socializar así como aproveitar o tempo de lecer en actividades de distintas temáticas.

Foto de la noticia
Foto de la noticia
Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp