Novas

Máis novas do Concello de Melide

Acondicionamento do tramo complementario do Camiño Francés ao seu paso por Melide

22/10/2016. Os traballos foron efectuados pola Axencia Galega de Turismo, a petición do goberno local, quen puxo en coñecemento da axencia autonómica a necesidade de que o trazado complementario fose adecentado debido ao mal estado do firme.

O trazado complementario ao seu paso por Melide ven de ser adecentado ao seu paso pola parroquia de Penas, punto no que se encontraba nun estado moi lamentable e no que o goberno local fixo unha actuación mínima para que os veciños e veciñas poidesen traballar as súas fincas sen ser prexudicados e os peregrinos poideran transitar de maneira normal. Posto en coñecemento de Turismo o estado do tramo complementario neste punto polo goberno local e vistas as continuas demandas dos veciños debido a perigosidade para os peregrinos que escollían esta ruta a Axencia Galega de Turismo ven de adecentar o tramo que se encontraba en mal estado ademáis de informar debidamente ao viandante dos quilómetros de máis que ten a ruta complementaria indicando a posibilidade de coller un trazado ou outro.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, mostra a súa satisfacción pola actuación feita por Turismo ademáis de agradecer a boa receptividade que mostrou o organismo autonómico de buscar unha solución ao problema do mal estado do firme neste punto do Camiño.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp