Novas

Máis novas do Concello de Melide

Curso de Escaparatismo de Nadal para incentivar o comercio local de Melide

18/10/2016. O Concello de Melide pon a disposición do goberno local un curso de escapartismo gratuíto co fin de incentivar aos comerciantes a rendibilizar o seu produto utilizando sinxelas técnicas de marketing para a decoración do seu escaparate en función do seu sector comercial.

O Concello de Melide ven de ofertar un curso de escaparatismo gratuíto para todos os comerciantes locais que así o queiran para que o vindeiro Nadal poidan engalanar os seus escaparates con ideas innovadoras e orixinais. Unha profesional expoñerá aos asistentes técnicas varias de decoración e interiorismo co fin de rendibilizar ao máximo posible materiais, ideas ou incluso potenciar a súa idea de negocio, non so no Nadal, senón durante todo o ano.

Con este tipo de iniciativa o goberno local quere poñer en valor a potencialidade real que ten o comercio local a hora de mercar os agasallos de Nadal, onde ademáis de oferta, hai distinción, calidade e flexibilidade de horarios durante o fin de semana, o que hai que aproveitar para atraer aos consumidores durante a etapa de Nadal. Con este tipo de iniciativas gratuítas ademais dase un apoio claro a formación e ponse de manifesto a importancia do marketing a hora de poñer en valor un produto sexa o sector comercial que sexa.

O curso levarase a cabo no Edificio Multiusos da vila en horario de 20.30 h a 22.00 h, previa inscrición no departamento de Turismo do Concello de Melide ou nas oficinas da administración local.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp