Novas

Máis novas do Concello de Melide

3.000 kilos de alimentos saldan a gran participación do I Torneo de Fútbol Sala solidario

12/12/2016. Esta mañá os voluntarios e voluntarias de Cáritas Parroquial Melide procederon ao traslado e clasificación dos alimentos recolectados onte co galo da celebración do I Torneo Solidario de Fútbol Sala do Concello de Melide.

Foto de la noticia

O I Torneo Solidario de Fútbol Sala sáldase cun sabor de boca moi positivo coa recollida de máis de 3.000 kilos de alimentos entre todos os que ateigaron as gradas do pavillón polideportivo da vila dende ás 10.00 da mañá ata preto das 20.00 h da tarde. Pastas, aceite, conservas, galletas, produtos de hixene…etc, foron un exemplo do que durante todo o día a mesa instalada na entrada a modo de “pago” por asistir ao Torneo recibíu minuto a minuto.

Os voluntarios e voluntarias de Cáritas Parroquial foron os encargados de recoller os alimentos así como a partir de hoxe luns clasificalos e distribuílos entre aquelas persoas nas que se detecte necesidade, para que ninguén pase ningunha dificultade. Dende o Concello de Melide, a alcaldesa, Dalia García, quen asistíu ao evento xunto con membros do seu goberno, manifestou que Melide nunca defrauda ante chamamentos destas características solidarias, sendo unha resposta moi positiva e ademais implicando aos nenos e nenas nunha causa social destas características unidos polo deporte.

Agradeceu, a rexedora melidá, a participación dos clubes tanto os locais, Cire Melide como Melide Fútbol Sala Feminino, así como os que participaron no torneo como visitantes como é o Clube Cidade das Burgas de Ourense ou o Lugo Fútbol Sala que fixeron posible este torneo. Tamén estiveron presentes os equipos das Escolas Deportivas como non podía ser doutra maneira e moitos voluntarios e voluntarias de todas as idades que fixeron posible esta iniciativa. A rexedora melidense augura futuras edicións deste Torneo, para superar ano a ano, as boas expectativas acadadas neste primeiro evento.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp