Novas

Máis novas do Concello de Melide

A Orquestra de Cámara de Galicia estará en Melide o venres 16 de decembro

12/12/2016. A programación cultural para este Nadal 2016 comeza o venres día 16 co Concerto de Nadal a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia. Nesta formación está unha melidá, Sara García, quen debutará na Casa da Cultura da vila como violinista cunha actuación en solitario.

Foto de la noticia

O Concello de Melide vén de ultimar a súa programación de Nadal 2016 que engloba entre outras moitas cousas, unha actuación da Orquestra de Cámara de Galicia o vindeiro venres 16 de decembro ás 21.00 h na Casa da Cultura da vila. É unha actuación totalmente gratuíta que ten como temática un concerto de música clásica de Nadal para todos os públicos até completar aforo, indica a rexedora melidá, Dalia García, quen convida a gozar dunha sesión de música clásica a todo aquel que lle apeteza.

Por outra banda, estará no escenario con actuacións de pezas en solitario Rogelio Groba así como unha coñecida artista melidense, Sara García, quen debutará no escenario do auditorio da vila. A programación de Nadal da concellería de cultura ao cargo da cal está Dolores Gómez, será presentada nos vindeiros días, incluíndo ademais deste espectáculo funcións para todos os públicos durante todo o Nadal.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp