Novas

Máis novas do Concello de Melide

O 4G chega a Melide e mellora a cobertura móvil

12/10/2016. As operadoras de telefonía móvil comezan a ofrecer na localidade melidense os servicios 4G na banda de 800MHz. A nova tecnoloxía permitirá ter servicios de datos móviles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.

As operadoras de telefonía móvil, Telefónica, Vodafone, Orange comezarán a ofrecer na localidade melidense a partir desta semana servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, o que permitirá aos veciños e veciñas de Melide desfrutar de conexión móviles de alta velocidade sobre a tecnoloxía LTE cunha mellor cobertura no interior dos edificios xunto cunha maior extensión xeográfica. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa TDT os operadores poñen en marcha Llega800, entidade encargada de solventar calquera afectación na recepción da sinal de televisión. Coa chegada da 4G á localidade melidense continúa o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina en toda a xeografia nacional dende o pasado mes de xullo e que culminará en marzo de 2018, data prevista para o despregue total de toda a tecnoloxía.

A ampliación do 4G enmarcase no establecido no Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, con data de 1 de abril de 2015 no que se procedeu a liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHZ que ata entón se empregaron para a recepción da Televisión Dixital Terrestre. A nova rede 4G abre a porta a innovadores servizos e aplicación, ademáis de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como no envío de datos para permitir sacar o máximo partido a aplicación online como videoxogos.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, suscribe que a ampliación da rede móvil introduce melloras na cobertura relacionadas con territorios con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba ou non había cobertura. Por outra banda, Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servicios para garantír a compatibilidade da posta en marcha da TDT coa tecnoloxía 4G. Llega800 ofrece unha serie de servizos gratuítos que inclúen actuación previa para solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do edificio para evitar incidencias. Para xestionar ditos servicios hai un teléfono de atención gratuíto 9008333999 ou a web www. Llega800.es.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp