Novas

Máis novas do Concello de Melide

A alcaldesa de Melide, Dalia García, supervisa as obras executadas nas parroquias do rural pertencentes ao plan marco da Consellería de Medio Rural

11/10/2016. A alcaldesa de Melide, Dalia García, visitou nesta xornada, acompañada pola concelleira do ramo, Rosa Cabado, as obras que se están executando nas parroquias do rural relativas a mellora de acceso ás explotacións agrarias e de gando.

Teillor, Mirce na parroquia de Moldes, A Veiga na parroquia de Campos, Zaramil, San Salvador, San Cosme, Gende na parroquia de Folladela, son os proxectos que se executaron con cargo ao proxecto de Teillor e outras no acceso a cortes gandeiras financiando pola Consellería de Medio Rural no Concello de Melide. Son pistas do rural que melloran a accesibilidade a estos núcleos rurais e que supoñen unha verdadeira mellora no firme con respecto ao estado anterior.

Case 90.000 € para a mellora destas pistas nas parroquias citadas anteriormente. Para o goberno local cuxo executivo dirixe Dalia García, a conexión e o medio rural é fundamental para o desenrolo do territorio polo que será sempre unha prioridade deste goberno a mellora das infraestruturas da comunicación neste eido.

Así mesmo, tamén se aproveitou para visitar as melloras efectuadas con fondos propios no propio Camiño de Santiago, na ruta francesa a altura da parroquia de Furelos e O Coto, para mellorar as deficiencias que o propio camiño ten de maneira continua ao non poder utilizar outros materiais máis que os autorizados pero perecedeiros no firme do camiño. Se comprobou de primeira man que a estas alturas do ano, o Camiño se atopa nunhas condicións óptimas sendo coñecedores dende o executivo da importancia histórica, turística e económica que ten a ruta xacobea na nosa comarca.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp