Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide celebra o seu tradicional Magosto no Cantón de San Roque

07/11/2016. O domingo foi a data elixida para o Magosto de Melide, unha reunión social que cada novembro reúne a veciñanza entorno do froito seco máis famoso de Galicia, a castaña. O Cantón de San Roque albergou música, baile, castañas e chocolate para os asistentes.

Foron moitos os veciños e veciñas de Melide que se achegaron onte a carpa instalada no Cantón de San Roque da vila para desfrutar do tradicional Magosto, que cada ano, o Concello de Melide organiza a principios de novembro. Baile, música, castañas e chocolate foron repartidas entre a veciñanza e os peregrinos que se achegaron, que pese a baixada de temperaturas e as precipitaicións que no serán visitaron Melide foron moitos os que desfrutaron da xornada.

Máis de 200 kilos de castañas do país foron as que se encargaron por parte do departamento de cultura para levar a cabo esta xornada. Asistiron a alcaldesa de Melide acompañada de membros do seu executivo local, desfrutando como de cotío da compañía dos veciños e veciñas arredor dun feito tradicional galego como é a celebración do Magosto. Durante este mes, aínda prosiguen as celebracións noutras parroquias onde moitas asociacións de veciños organizan o seu magosto particular.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp