- Alcaldía
- Corporación Municipal
- Concellarías
- Órganos de Goberno
- Parroquias
- Como chegar
- Festas
- Directorio
- Contacto
Festas - Día de San Pedro
O día 29 de xuño celébrase o Día do Patrón de Melide: San Pedro. Esta xornada, que soe ser festivo local, inclúe non só unha procesión coa imaxe do santo polas rúas de Melide (que soe ser portada por membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil), senón tamén a xa tradicional entrega da Medalla de Ouro de Melide.
Dita entrega celébrase no Salón de Plenos do Concello melidán e conta coa presenza de toda a Corporación municipal. A Medalla de Ouro de Melide é concedida cada ano a persoas ou institucións que salientan pola súa achega á cultura ou a identidade do pobo.
Entre os galardonados co recoñecemento máis grande do Concello atópanse, entre outros, a propia Agrupación de Voluntarios de Protección Civil ou o Grupo de Gaitas Froito Novo. No ano 2016 a Asociación cultural Charamela recibíu a máxima condecoración municipal en recoñecemento ao labor cultural que desenvolven por organizar, entre outras actividades, iniciativas relacionadas co teatro.