- Alcaldía
- Corporación Municipal
- Concellarías
- Órganos de Goberno
- Parroquias
- Como chegar
- Festas
- Directorio
- Contacto
Como chegar
As conexións a Melide establécense por vía terrestre. O centro da vila acolle a intersección das estradas N-547 (Lugo-Santiago) e a N-540 (Betanzos-Ourense). Deste xeito, Melide atópase a 60 quilómetros de Santiago e Lugo, a 72 da Coruña e a 85 da cidade de Ourense.
O aeroporto máis próximo é o de Lavacolla (Santiago de Compostela), a 30 minutos. Outras comunicacións habituais son as establecidas a través das liñas de autobús (empresa Freire) que saen de Santiago e Lugo atravesando Melide dez veces ao día. Tamén hai unha liña de autobús á Coruña (Arriva) que realiza o traxecto en aproximadamente unha hora.
Para coñecer de preto as rúas da capital municipal, podes consultar ou
incluso descargar o noso rueiro. Este documento foi elaborado grazas á
colaboración da Inmobiliaria Villamor e nel atópanse tanto os nomes das rúas
e prazas como os lugares de meirande interese.
Descargar
Ademais de coñecer o noso rueiro, tamén che ofrecemos información básica sobre os principais servizos de transporte e farmacias.
- Transporte
Nas seguintes liñas, proporcionámosche información sobre os servizos de transporte no Concello de Melide:
- Taxis:
- Parada de Taxis: 981 505 390.
- Alberto Oro Varela: 666 465 022. www.taxi-melide.com / taxi@taxi-melide.com.
- Autobuses:
- Autobuses Freire (ruta Lugo-Santiago): 981 563 238
- Estación de Autobuses Santiago: 981 542 416
- Estación de Autobuses de Lugo: 982 223 985
- Estación de Autobuses de A Coruña: 981 184 335
- Taxis:
- Farmacias
No seguinte listado, proporcionamos unha listaxe coas distintas farmacias localizadas en Melide:
- Mª Luisa Devesa Oro: Ronda da Coruña, 60. Teléfono: 981 505 380.
- Mª Begoña Fernández Valiño: Rúa Progreso, 3. Teléfono: 981 505 078.
- Galenus: Ronda de Pontevedra, 69. Teléfono: 881 976 604.
- Hermanos López: Rúa Progreso, 8. Teléfono: 981 505 307.