- Alcaldía
- Corporación Municipal
- Concellarías
- Órganos de Goberno
- Parroquias
- Como chegar
- Festas
- Directorio
- Contacto
Festas - Alfombras Florais de Corpus
Tamén como acto relixioso salientable, aínda que tamén conta cun matiz cultural importante, salientan as alfombras florais de Corpus Christi. Esta tradición retomouse no pasado ano 2008 despois de varios anos de estancamento.
Numerosos veciños do municipio de Melide traballan arreo durante moitos días para crear os mantos florais que locen nas principais rúas da zona vella. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, as alfombras florais de Corpus soen colocarse na praza do Convento, onde se crea a representación máis grande de todas. Tamén se poden ver as alfombras nas rúas do Convento e do Camiño de Oviedo.
No caso de choiva, coma sucedeu no 2016, as creacións con flores trasládanse á rúa da Alhóndiga, na parte de atrás da casa consistorial de Melide. Alí, a cuberto, pódese tamén gozar deste espectáculo de cor e de artesanía floral.