- Alcaldía
- Corporación Municipal
- Concellarías
- Órganos de Goberno
- Parroquias
- Como chegar
- Festas
- Directorio
- Contacto
Festas - Festas do Carme e de Santo Antonio
Ás procesións de Semana Santa cómpre engadir tamén a celebración da festividade do Santo Antonio, o 13 de xuño, e as Festas do Carme, que se celebran os días 16 e 17 de xullo.
O día propio da festividade da Virxe do Carme, o día 16 de xullo, vívese cunha grande emoción e devoción á santa. A Capela do Carme, localizada no punto máis alto da vila de Melide (na zona coñecida como O Castelo) convértese nun auténtico lugar de peregrinación para os melidenses.
A organización desta festa corre a cargo da Confraría do Carme. Esta encárgase tamén de coidar a capela e recaudar os fondos necesarios para a celebración da festa. Estos festexos inclúen tamén una procesión polas rúas da vila que chega ata a zona do Castelo, o punto máis alto da vila de Melide. Centos de persoas descalzas participan neste percorrido na honra da Virxe do Carme.