- Alcaldía
- Corporación Municipal
- Concellarías
- Órganos de Goberno
- Parroquias
- Como chegar
- Festas
- Directorio
- Contacto
Festas - Semana Santa
Os festexos relixiosos tamén son de grande importancia no Concello de Melide, fortemente marcado polo paso de dous dos Camiños de Santiago (Francés e Primitivo). As dúas confrarías, a do Santo Enterro e a da Soledad, traballan arreo durante todo o ano para a celebración dos seus pases no Venres Santo.
O primeiro dos pasos que sae é a procesión do Perdón, que comeza ás nove da
mañá. Centos de fieis percorren as principais rúas da vila melidán
acompañando á imaxe de Xesucristo coa cruz a costas.
Xa pola tarde, arredor das 18.00 horas, inicia o seu percorrido a procesión
do Santo Enterro. Esta caracterízase polo cor púrpura das vestiduras dos
cofrades e pola imaxe de Xesucristo dentro dun cadaleito.
Finaliza a xornada do Venres Santo á noitiña, coa saída da procesión da
Virxe da Soidade ás 21.00 horas dende a Igrexa parroquial. Esta é, cecais, a
máis emotiva das tres e comprende o traslado da imaxe Virxe das Dores nun
percorrido polas principais rúas da capital municipal. Finaliza esta
procesión coa representación, na praza do Convento de Melide, do Santo
Encontro. Neste inte pódense ver aos cofrades vestidos con túnicas púrpuras
e capuchóns brancos portando ás imaxes de Xesucristo e da Virxe para
rememorar o seu encontro na praza máis céntrica do casco histórico melidán.
Se as condicións meteorolóxicas impiden a saída das respectivas procesións,
a súa representación desenvólvese no interior da igrexa parroquial de San
Pedro de Melide.