Festas - Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide


Foto fiesta

Esta celebración, que conta dende o ano 2014 co título de Festa de Interese Turístico de Galicia, ten lugar no segundo domingo do mes de maio. Durante unha fin de semana, os reposteiros tradicionais do municipio amosan ao público os seus produtos nunhas xornadas nas que se poñen en valor os oficios tradicionais a través de actividades de diverso tipo.

Foto fiesta

Entre eles non faltan nin as degustacións nin os nomeamentos dos Cabaleiros e Damas da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional de Melide. Representantes políticos, cociñeiros, xornalistas especializados en gastronomía e personaxes moi coñecidos engrosan o listado de embaixadores dos melindres, ricos e amendoados alén das fronteiras de Melide.

A programación da celebración máis doce de Galicia inclúe unha feira onde veciños e visitantes poden degustar os distintos produtos. Estos son elaborados polos membros da Asociación da Repostaría Tradicional Melide Terra Doce, que tamén desenvolve e colabora durante o resto do ano diversas iniciativas para dar a coñecer os melindres, amendoados e ricos e a súas posibilidades dentro da gastronomía. Precisamente os ricos son uns doces que soamente se producen na bisbarra da Terra de Melide. Pola súa forma compacta poden, ademáis, gardarse durante bastante tempo sen que perdan as súas propiedades e delicioso sabor.

Foto fiesta