Novas

Máis novas do Concello de Melide

O goberno local de Melide baixará o IBI para o vindeiro exercicio 2017

29/10/2016. A alcaldesa, Dalia García, aprobará o vindeiro novembro unha baixada do tipo impositivo do IBI como medida económica para disminuír a presión fiscal sobre os veciños e veciñas de Melide despois da regularización catastral que tivo lugar no municipio durante 2015.

O goberno local presidido pola rexedorá melidá Dalia García, levará a pleno a modificación da ordenanza do IBI para baixar o tipo impositivo o vindeiro novembro o que repercutirá positivamente en toda a veciñanza no ano 2017. Dalia García propón tomar esta medida dado que o goberno local é coñecedor da repercusión que no municipio tivo a regularización catastral que non aumentou en ningún momento o tipo impositivo local pero que si supuxo dar de alta inmobles polos que non se estaba pagando ou que non estaban actualizados na base de datos do catastro.

Tal é como se desprende da lei tributaria e dos informes de intervención a regularización catastral é un proceso fiscal de obrigado cumprimento para os concellos cada dúas décadas ou incluso cada 25 anos pero debido a boa saúde económica do Concello de Melide é posible diminuír a presión na baixada do tipo impositivo que actualmente é do 0.50 do valor catastral para que a veciñanza poida verse beneficiada logo do esforzo que sempre se executa o primeiro ano despois da regularización. Con esta baixada do tipo impositivo, se prevee que o recibo do IBI 2017 supoña un aforro para a veciñanza respecto do ano en curso aproximado de 10 euros por habitante.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp