- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
Melide oferta unha programación de Nadal para nenos e
maiores moi variada
22/12/2016. A alcaldesa, Dalia García, xunto coa concelleira
Dolores Gómez veñen de presentar ata 15 actividades ata o vindeiro 9 de
xaneiro, data na que pechará o ciclo cultural programado para estas festas
co sorteo de Nadal no que colabora o Concello de Melide e ASETEM.
Melide, 22 de decembro de 2016.- O Concello de Melide oferta durante todo o
ano actividades culturais e deportivas para todas as idades pero implicase
máis se cabe nos períodos vacacionais. Desta vez, na última parada
vacacional do ano, o Nadal, máis de 15 actividades encherán as tardes e
noites de serán organizadas polo consistorio melidá.


Decembro é un mes moi activo culturalmente, manifesta a concelleira de cultura
a popular Dolores Gómez, quen apunta que xa dende o IV Festival de Maxia,
xunto coa celebración do concerto de Nadal da Orquestra de Cámara de Galicia
así como coa celebración das Panxoliñas de Nadal da Coral Polifónica foron
actividades nas que colaboramos ou que directamente organizamos so neste mes
de decembro. Por outra banda a rexedorá melidá, Dalia García, apunta que a
actividade turística e cultural de Melide é parte do seu encanto de vila,
facendose eco do popular eslogan “Melide ten de todo”, xa que son moitas as
actividades de todo tipo que se ofertan durante todo o ano.
Dentro do Nadal 2016 está programado o espacio Ocio Melide 2016 no Palacio de
congresos da vila que abrirá as súas portas mañá venres coa pista de xeo
como atracción estelar, xunto con talleres e obradoiros para os máis
pequenos. Recordemos que Papá Noel tamén virá visitar os nenos e nenas de
Melide, estará presente no Palacio de congresos da vila o venres 23 e o
sábado 24 a partires das 17.00 h. O venres 23 tamén teremos un espectáculo
na Casa da Cultura, de títeres da man do Crebanoces, ás 18.30 h para seguir
o domingo coa felicitación de Nadal no Centro Social melidense na que
participa tamén a concelleria de benestar ao fronte da cal está M. Jesús
López. Obra de teatro o mércores día 28 de decembro así como proxeccións de
filmes gratuítas para os máis cativos e cativas da casa na Casa da Cultura o
xoves día 29 e 30 de decembro son algunhas das opcións lúdicas e de tempo
libre que oferta o Concello de Melide.
O día 31, último día do ano, o Concello de Melide colabora coa Asociación
Deportista Cerne ao organizar unha San Silvestre Solidaria tanto para
infantil como para adultos co galo de recoller alimentos para Cáritas
Parroquial Melide. Será ás 17.00 h na Praza do Convento da vila.
No Centro social o día 1 de xaneiro recibiremos o ano co tradicional brinde de
Nadal para posteriormente preparar a chegada dos maxestuosos Reis Magos, que
se o tempo o permite recepcionarán aos máis pequenos e pequenas da vila na
Igrexa Parroquial de Melide.
Tamén haberá actividade no Centro Social ese mesmo día de Reis, seis de
xaneiro, coa recepción dos agasallos de Reis e a proba do roscón. A
actividade cultural prosigue coa visita das Cantareiras de Ardebullo na Casa
da Cultura o 7 de xaneiro, poderánse adquierir as entradas nos lugares
habilitados de maneira anticipada ou na propia taquilla da Casa da Cultura
ata completar aforo para pechar a programación coa gala sorteo de Nadal de
6.000 euros que o Concello patrocina xunto con ASETEM.