- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
A Gardería Municipal dótase de novo material cun
investimento de preto de 8.000 euros
22/12/2016. A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa
concelleira do ramo, M. Jesús López, visitaron hoxe as instalacións da
Gardería Municipal situada na Rúa Martagona para comprobar de primeira man a
adquisición do novo material.
A gardería pública de Melide dotouse de novo material electrónico e didáctico
cun valor total de preto de 8.000 euros que teñen como finalidade mellorar a
instalación e o servizo. Ordenadores e pantalla para material informático,
tablets para apps infantís ou material educativo e didáctico xunto con
inmovilizado (novos berces e mobiliario adaptado para nenos e nenas) son
algunhas das melloras que se poideron adquirir dende o Concello de Melide
para dotar a este servizo municipal.
Unha actuación subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de
Galicia ao que o Concello de Melide concursou coa petición de mobiliario e
material inventariable co fin de poder prestar unha mellor docencia e
servizo, moi personalizado como poideron comprobar tanto a rexedorá melidá
Dalia García como a concelleira de benestar social, M. Jesús López na súa
visita ao centro esta mañá.
Os nenos e nenas xunto coas educadoras familiares aproveitando estas xornadas
lúdicas antes do Nadal desfrutaron no obradoiro de doces e galletas sendo
todos uns mini chefs por un día.
