- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
Ocio Nadal Melide 2016 oferta actividades infantís para
todos os gustos
22/12/2016. Ocio Nadal Melide 2016 é o programa de Nadal que
encherá de ilusións o Palacio de Congresos de Melide ata o día 1 de xaneiro
de 2016. Trátase dun parque temático onde nenos e familias poderán desfrutar
de atraccións así como dunha pista de xeo sintética.
Entre a ampla programación de Nadal que oferta o Concello de Melide encóntrase
Ocio Nadal 2016, un evento de corte infantil e familiar que terá lugar no
Palacio de congresos de Melide durante a semana vindeira e que ofertará
multiples opcións lúdicas para todos os que queiran achegarse. Saltamontes,
cabaliños, rocódromos, aerobaby así como talleres de maquillaxe, globoflexia
ou contacontos serán algúns dos complementos aos que se poderá acceder ao
recinto cun horario de 16.30 a 20.30 h.
Neste recinto tamén estará incluído unha pista de xeo sintética totalmente
ecolóxica cuxa entrada será de 3 euros por 25 minutos de patinaxe incluídos
o alugueiro dos patíns. Por outra banda, a entrada con dereito a acceder ao
recinto será de 5 euros por catro horas ininterrumpidas de acceso ás demáis
atraccións, tendo o día un de xaneiro un desconto especial para todos
aqueles que se acheguen ao Palacio de Congresos da vila.
Como día especial, mañá e pasado todos aqueles nenos e nenas que o desexen
poderán deixarlle ou pedirlle a Papá Noel os seus desexos xa que tamén
estará no recinto. As pistas de pádel e o parque cuberto do Palacio de
congresos terá un acceso totalmente gratuíto independentemente do acceso ao
parque temático Ocio Nadal 2016.
Dende o Concello de Melide, a súa alcaldesa, Dalia García, subliña a
importancia de ter unha vila con diferentes opcións de tempo libre que poden
desfrutar os cativos e cativas do lado da casa e comarca sen necesidade de
desprazarse longas distancias cara zonas comerciais urbanas. Por outra
banda, convida a todos aqueles que o desexen a participar no evento así como
desfrutar de todas e cada unha das actividades culturais que se programan
durante todo este Nadal 2016.

