- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
O curso de cociña do Concello de Melide agasalla
petiscos gatronómicos no Nadal
22/12/2016. Xa é tradicional dentro da oferta cultural de
adultos do Concello de Melide pechar o ciclo do ano cunha oda á gastronomía
do Nadal. Así o fixeron os alumnos e alumnas do curso de cociña organizado
pola concellaría de Benestar que dirixe María Jesús López.
Unha das actividades que ano a ano suma máis adeptos nas Escolas Deportivas e
Culturais para adultos son os cursos de cociña do Concello de Melide. Onte
foron moitos os que despediron esta edición antes de que remate o ano non
antes sen probar o mellor do aprendido durante estos meses no salón rexio da
Casa consistorial de Melide.
Pratos elaborados, doces e salgados foron os que reuniron ao redor da mesa aos
participantes que pouco a pouco van ganando a experiencia necesaria para
innovar gatronómicamente cun tipo de cociña barta pero moi orixinal. O curso
conta con 18 participantes que seguirán activos ata finais de xaneiro e que
ónte fixeron a súa participal festa de Nadal desfrutando de auténticos
praceres, tanto doces como salgados para o padal.
O curso alberga dende pratos que esixen certo nivel de preparación ou
experiencia ata decoración de mesas con moi pouco esforzo tratanto de
rendibilizar o que cada un posúe como básico na súa casa. Dende o Concello
de Melide apoian este tipo de iniciativas como unha maneira de socializar
así como aproveitar o tempo de lecer en actividades de distintas temáticas.


