- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
Acondicionamento do tramo complementario do Camiño
Francés ao seu paso por Melide
22/10/2016. Os traballos foron efectuados pola Axencia
Galega de Turismo, a petición do goberno local, quen puxo en coñecemento da
axencia autonómica a necesidade de que o trazado complementario fose
adecentado debido ao mal estado do firme.
O trazado complementario ao seu paso por Melide ven de ser adecentado ao seu
paso pola parroquia de Penas, punto no que se encontraba nun estado moi
lamentable e no que o goberno local fixo unha actuación mínima para que os
veciños e veciñas poidesen traballar as súas fincas sen ser prexudicados e
os peregrinos poideran transitar de maneira normal. Posto en coñecemento de
Turismo o estado do tramo complementario neste punto polo goberno local e
vistas as continuas demandas dos veciños debido a perigosidade para os
peregrinos que escollían esta ruta a Axencia Galega de Turismo ven de
adecentar o tramo que se encontraba en mal estado ademáis de informar
debidamente ao viandante dos quilómetros de máis que ten a ruta
complementaria indicando a posibilidade de coller un trazado ou outro.
A alcaldesa de Melide, Dalia García, mostra a súa satisfacción pola actuación
feita por Turismo ademáis de agradecer a boa receptividade que mostrou o
organismo autonómico de buscar unha solución ao problema do mal estado do
firme neste punto do Camiño.
