- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
A final de Xuventude Crea 2016 celebrase mañá en Melide
18/10/2016. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
desenvolverá mañá a partires das 00.00 horas na sala melidense Factory Room
a final do certame Xuventude Crea 2016. A Directora Xeral de Xuventude,
Cecilia Vázquez, acudirá ao evento.
O Concello de Melide será sede do certame artístico “Xuventude Crea 2016” que
terá lugar mañá na sala melidense “Factory Room”. Serán seis os grupos
finalistas deste certame que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e
Voluntariado da Xunta de Galicia e que escolleu a vila de Melide para levar
adiante dita final. Ao acto asistirán a Directora Xeral de Xuventude,
Cecilia Vázquez, a alcaldesa de Melide, Dalia García, así como a concelleira
de Xuventude, Yolanda Pérez, xunto con outros membros do goberno local.
“Xuventude Crea” é un certame artístico que premia ao talento anual de mozos e
mozas Galegos que con ideas innovadoras en diferentes eidos artísticos
incentiva a creatividade e a independenza de proxectos galegos nacidos entre
a mocidade.
Pola súa banda, a alcaldesa de Melide, Dalia García, agradece que Melide fose
escollida para levar a cabo a fase finalista do concurso así como o
emprazamento, unha sala de traxectoria na hostalería melidense e que
capitanea tamén un mozo emprendedor como outros moitos proxectos na vila de
Melide.
