- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
Curso de Escaparatismo de Nadal para incentivar o
comercio local de Melide
18/10/2016. O Concello de Melide pon a disposición do
goberno local un curso de escapartismo gratuíto co fin de incentivar aos
comerciantes a rendibilizar o seu produto utilizando sinxelas técnicas de
marketing para a decoración do seu escaparate en función do seu sector
comercial.
O Concello de Melide ven de ofertar un curso de escaparatismo gratuíto para
todos os comerciantes locais que así o queiran para que o vindeiro Nadal
poidan engalanar os seus escaparates con ideas innovadoras e orixinais. Unha
profesional expoñerá aos asistentes técnicas varias de decoración e
interiorismo co fin de rendibilizar ao máximo posible materiais, ideas ou
incluso potenciar a súa idea de negocio, non so no Nadal, senón durante todo
o ano.
Con este tipo de iniciativa o goberno local quere poñer en valor a
potencialidade real que ten o comercio local a hora de mercar os agasallos
de Nadal, onde ademáis de oferta, hai distinción, calidade e flexibilidade
de horarios durante o fin de semana, o que hai que aproveitar para atraer
aos consumidores durante a etapa de Nadal. Con este tipo de iniciativas
gratuítas ademais dase un apoio claro a formación e ponse de manifesto a
importancia do marketing a hora de poñer en valor un produto sexa o sector
comercial que sexa.
O curso levarase a cabo no Edificio Multiusos da vila en horario de 20.30 h a
22.00 h, previa inscrición no departamento de Turismo do Concello de Melide
ou nas oficinas da administración local.
