Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide repón baldosíns en mal estado no casco urbano e prolonga beirarrúas en varios puntos da vila

18/10/2016. A brigada de obras municipais, incluída no Departamento de Obras, que dirixe a concelleira popular, Rosa Cabado, vén de executar ao longo do mes de setembro varias e cuantiosas reparacións en diferentes puntos da vila nas beirarrúas do casco urbano.

O mantemento é un eixo fundamental e cotián da brigada de obras municipal. Día a día os obreiros da plantilla do Concello adicanse a manter xardíns, tendido eléctrico, luz, e tamén no último mes a facer unha reparación exhaustiva de beirarrúas que aínda continúa hoxe en día. En concreto tamén se están prolongado varios metros de beirarrúa na Rúa Vigo e na Rúa Mejuto Cordido, o que vai supoñer unha mellora importante en canto a accesibilidade e seguridade vial, ademáis de contribuír a eliminar puntos de feísmo urbanístico da vila.

O goberno local, destaca a alcaldesa melidá, Dalia García, seguirá na liña do mantemento e da mellora das beirarrúas co obxectivo de contribuír ao benestar xeral da veciñanza.

Foto de la noticiaFoto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp