- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
A Orquestra de Cámara de Galicia conquista Melide
17/12/2016. O conxunto, dirixido por Rogelio Groba, deleitou
ao público melidá que onte asistíu ao concerto que tivo lugar na Casa da
Cultura da vila, co galo da proximidade do Nadal. O auditorio estaba
ateigado de veciños que non se quixeron perder esta actuación.

O auditorio melidá acolleu onte unha das súas actividades culturais máis
agardadas, o concerto de Nadal 2016 a cargo da Orquestra de Cámara de
Galicia. Os asistentes que ateigaron a meirande parte das butacas da Casa da
Cultura desfrutaron a cargo dun concerto que contou entre o seu repertorio
pezas dos grandes compositores da música clásica.
Entre as pezas interpretadas en conxunto tamén houbo tempo de solos a cargo do
director e da violinista melidense, Sara García, quen desenrola agora os
seus estudos noutro centro educativo pero que naceu como profesional no
Conservatorio profesional de música de Melide.
Ao acto asistiu a alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada de membros do
seu goberno como a concelleira de cultura, Dolores Gómez, M. Jesús López
edil de traballo e benestar e Rosa Cabado, concelleira de servizos e obras.
O voceiro do BNG tamén estivo presente no acto.
A rexedorá melidá aproveitou a ocasión para felicitar ás festas do Nadal ao
alí asistentes así como convidalos a desfrutar da ampla programación
cultural que ten a vila ao logno de decembro e xaneiro.
Hoxe mesmo inaugurase a xa tradicional feira de produtos de Nadal do GDR, ás
17.30 h así como o concerto de panxoliñas a cargo da Coral Polifónica da
vila ás 20.00 h na Casa da Cultura.