- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
Comezan as obras de arranxo da cuberta da Casa do
Concello de Melide
14/10/2016. O Concello solventará as humidades que tiña a
casa consistorial xa que pervive coa súa primeira cuberta despois da
ampliación dos anos 90. 60.500 € que van permitir ter unha cuberta en
óptimas condicións e que contribuirá a aumentar a eficiencia enerxética.
Vista a necesidade de mellora de cuberta na casa consistorial melidense, o
goberno local adica 60.500 € para acometer esta mellora debido ao estado que
presenta actualmente. A cuberta foi sufrindo diversos cambios logo das
ampliacións existentes que supuxeron un desgaste nas tellas e urelitas da
cuberta que xa ten a súa antigüidade.
A Consellería de Presidencia, tal e como prometera o conselleiro, Alfonso
Rueda, na súa visita a localidade melidense e o seu despacho con Dalia
García, financiará 45.000 € deste proxecto, e o restante sairá das arcas
municipais. Con esta actuación que a rexedora melidá asegura que é moi
necesaria polos problemas de goteiras e humidades quedarán resoltas o cál
cambiará a eficiencia enerxética do edificio ademáis de solventar eivas en
determinados departamentos sobre todo na parte nova do Concello. Agardase
que as obras estean finalizadas a fin de mes.
