- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
A ponte de Furelos, proposta como monumento a restaurar
no marco do programa de Fomento para o Camiño de Santiago
12/12/2016. A alcaldesa, Dalia García, reuníuse con técnicos
de Fomento e Patrimonio nunha xuntanza na sé da Axencia Galega de Turismo de
Galicia para analizar o proxecto proposto pola empresa gañadora do concurso
de ideas para restaurar a emblemática ponte.

A alcaldesa de Melide reúnese con técnicos de fomento, patrimonio e o Xerente
do Xacobeo para analizar a proposta realizada pola empresa gañadora do
concurso de ideas para a rehabilitación integral da Ponte Románica de
Furelos. Trátase dun proxecto que engloba a restauración integral, limpeza
da maleza existente, retirado das lousas de granito non orixinarias así como
a pavimentación de parte do firme do Camiño de Santiago xunto coa creación
dunha mini área de descanso e mirador dende o cál poder fotografiar a ponte.
Estas son algunhas das propostas, xunto coa sinalización pertinente, a
petición da rexedora melidá do que é a propia ponte, xa que se considera un
elemento orixinario da parroquia de Furelos, emblemático dentro do Camiño de
Santiago na súa ruta francesa que debemos coidar e poñer en valor. Segundo
trascendeu logo da xuntanza, o espiritú que rexe o proxecto é o de devolver
a ponte ao seu estado orixinal coñecido, utilizando materiais dos máis
acordes co entorno e co elemento arquitectónico en sí.
Nos próximos meses abrirase o concurso para a contratación da obra, logo da
redacción definitiva do proxecto e da obtención dos pertinentes permisos
sectoriais. Dende fontes municipais, amosase un especial interese nesta obra
financiada polo Ministerio de Fomento tanto pola súa trascendencia
urbanística como por ser un elemento dos máis fotografados por aqueles que
percorren día a día o camiño cara Compostela.