- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
3.000 kilos de alimentos saldan a gran participación do
I Torneo de Fútbol Sala solidario
12/12/2016. Esta mañá os voluntarios e voluntarias de
Cáritas Parroquial Melide procederon ao traslado e clasificación dos
alimentos recolectados onte co galo da celebración do I Torneo Solidario de
Fútbol Sala do Concello de Melide.

O I Torneo Solidario de Fútbol Sala sáldase cun sabor de boca moi positivo coa
recollida de máis de 3.000 kilos de alimentos entre todos os que ateigaron
as gradas do pavillón polideportivo da vila dende ás 10.00 da mañá ata preto
das 20.00 h da tarde. Pastas, aceite, conservas, galletas, produtos de
hixene…etc, foron un exemplo do que durante todo o día a mesa instalada na
entrada a modo de “pago” por asistir ao Torneo recibíu minuto a minuto.
Os voluntarios e voluntarias de Cáritas Parroquial foron os encargados de
recoller os alimentos así como a partir de hoxe luns clasificalos e
distribuílos entre aquelas persoas nas que se detecte necesidade, para que
ninguén pase ningunha dificultade. Dende o Concello de Melide, a alcaldesa,
Dalia García, quen asistíu ao evento xunto con membros do seu goberno,
manifestou que Melide nunca defrauda ante chamamentos destas características
solidarias, sendo unha resposta moi positiva e ademais implicando aos nenos
e nenas nunha causa social destas características unidos polo deporte.
Agradeceu, a rexedora melidá, a participación dos clubes tanto os locais, Cire
Melide como Melide Fútbol Sala Feminino, así como os que participaron no
torneo como visitantes como é o Clube Cidade das Burgas de Ourense ou o Lugo
Fútbol Sala que fixeron posible este torneo. Tamén estiveron presentes os
equipos das Escolas Deportivas como non podía ser doutra maneira e moitos
voluntarios e voluntarias de todas as idades que fixeron posible esta
iniciativa. A rexedora melidense augura futuras edicións deste Torneo, para
superar ano a ano, as boas expectativas acadadas neste primeiro evento.
