- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
A Orquestra de Cámara de Galicia estará en Melide o
venres 16 de decembro
12/12/2016. A programación cultural para este Nadal 2016
comeza o venres día 16 co Concerto de Nadal a cargo da Orquestra de Cámara
de Galicia. Nesta formación está unha melidá, Sara García, quen debutará na
Casa da Cultura da vila como violinista cunha actuación en solitario.

O Concello de Melide vén de ultimar a súa programación de Nadal 2016 que
engloba entre outras moitas cousas, unha actuación da Orquestra de Cámara de
Galicia o vindeiro venres 16 de decembro ás 21.00 h na Casa da Cultura da
vila. É unha actuación totalmente gratuíta que ten como temática un concerto
de música clásica de Nadal para todos os públicos até completar aforo,
indica a rexedora melidá, Dalia García, quen convida a gozar dunha sesión de
música clásica a todo aquel que lle apeteza.
Por outra banda, estará no escenario con actuacións de pezas en solitario
Rogelio Groba así como unha coñecida artista melidense, Sara García, quen
debutará no escenario do auditorio da vila. A programación de Nadal da
concellería de cultura ao cargo da cal está Dolores Gómez, será presentada
nos vindeiros días, incluíndo ademais deste espectáculo funcións para todos
os públicos durante todo o Nadal.