- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
O Xacobeo trae a Melide accións formativas para a
hostalería no Camiño
12/10/2016. O 24 de outubro en ASETEM a Escola Itinerante de
Turismo vai realizar unha acción formativa denominada "Atención ao cliente
nos restaurantes do Camiño" para os estabelecementos hostaleiros interesados
en mellorar a súa atención ou aprender novas técnicas.
O vindeiro luns 24 de outubro na Aula de Formación de Asetem de Melide a
Escola Itinerante de Turismo realizar unha acción formativa denominada
"Atención ao cliente nos restaurantes do Camiño", de maneira totalmente
gratuíta. Será necesaria facer a inscrición en
https://docs.google.com/a/xacobeo.org/forms/d/e/1FAIpQLScb3iHxqHY4Vr0z-u5zJ6rI_9Jbo3jSIh1fYFd-Hw0qGbWjHA/viewform
e calquera que queira información máis detallada poderá consultala no
seguinte enlace
http://www.cshg.es/index.php/es/consultoria-y-formacion/formacion-camino/sicted.
As accións formativas non quedan aí, xa que no mes de novembro, o día 14 as
xornadas formativas proseguirán vaixo o título " A importancia da
gastronomía galega na cultura xacobea e en Galicia" así como " O menú do
peregrino como potenciador dos produtos autóctonos" que se celebrará o día
7.
Nos seguintes enlaces está toda a información ao respecto para todos aqueles
interesados nestas actividades que se realizarán en Melide, presencialmente,
para aprender e dar novos utensilios cos cales mellorar a hostalería a a
atención ao peregrino no Camiño, fonte indudable de valor histórico,
turístico e patrimonial de Melide.
Máis información para as xornadas de novembro nos seguintes enlaces:
"A importancia da gastronomía galega na cultura xacobea e en Galicia"
http://www.cshg.es/index.php/es/consultoria-y-formacion/formacion-camino/importanciajacobea2
"O menú do peregrino como potenciador dos produtos autóctonos" (7 de novembro)
http://www.cshg.es/index.php/es/consultoria-y-formacion/formacion-camino/menuperegrino
