- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
Máis de 150 persoas reúnense en Melide no III Encontro
de Bule con Alcer
07/11/2016. Na terceira edición do Encontro Bule con Alcer
Galicia que se celebrou en Melide esta fin de semana asistiron a alcaldesa
de Melide, Dalia García, o vicepresidente de Alcer Coruña, Carlos Iglesias
así como a xefa territorial do SERGAS, Cristina Pérez.
Esta fin de semana Melide buliu de actividade con III encontro de Bule con
Alcer en Galicia. Máis de 150 persoas deronse cita no Palacio de congresos
de Melide para realizar actividades biosaudables que teñen como base
fundamental aliviar doenzas de carácter crónico tanto a nivel óseo como
psicosocial, actividade que se financia gracias á colaboración da
concelleria de Benestar ao fronte da cal está a popular M.Jesús López
Mourón.
Así as cousas, os participantes de Melide, un grupo moi númeroso, máis de 80
usuarios, xunto cos achegados doutros concellos da área de Santiago e de
Coruña e a súa influenza, percorreron un tramo do Camiño de Santiago ao seu
paso pola parroquia melidá de Furelos ademais de compartir xogos e un xantar
de fraternidade co fin de compartir vivencias e experiencias relativas as
enfermidades crónicas e aprender a convivir con elas.
Para a alcaldesa de Melide, Dalia García, quen estivo presente no acto xunto
con parte do seu goberno, este tipo de ximnasia é moi demandada polos
veciños e veciñas de Melide xa que axuda a equilibrar doenza e vida activa,
o que é unha liña do goberno local, sempre apostado polo benestar da
veciñanza. A xornada pechouse con baile e concursos de habilidades ata ben
entrado o serán.
