Novas

Máis novas

O Concello de Melide inaugurou hoxe a EXPOSICIÓN 30 ANOS DE DOCES

29/04/2022. O acto tivo lugar no cantón de San Roque como actividade dentro do programa do 30.º aniversario da Festa do Melindre.

O Concello de Melide inaugurou hoxe a EXPOSICIÓN "30 ANOS DE DOCES", que abre a programación para o público do 30.º aniversario da Festa do Melindre e a repostaría tradicional Melide inaugura a exposición "30 anos de doces"

Jose Manuel Pérez, alcalde de Melide e Xosé Igrexas, concelleiro de promoción económica, inauguraron o acto acompañados da corporación municipal e de varios alcaldes e autoridades de concellos limítrofes. O acto tivo lugar no cantón de San Roque como actividade dentro do programa do 30.º aniversario da Festa do Melindre e a repostaría tradicional.

30 ANOS DE DOCES" é unha mostra composta por vinte paneis repartidos en cinco cubos de 1,50 m de altura realizada especialmente para o XXX aniversario sobre a repostaría tradicional de Melide e a historia da Festa do Melindre, con imaxes dos últimos trinta anos da feira (venda, parte comercial, stands), a festa (lecer), os produtos (os tradicionais melindres, ricos e amendoados), os embaixadores/as, etc.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp