Novas

Máis novas

Concello e A.D. Cerne organizan a I Andaina Solidaria polo Camiño de Santiago

22/03/2022. A recadación obtida irá destinada á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. A Andaina celebrarase o sábado 2 de abril, e contará cunha fila 0 para doazóns.

MELIDE 22 de marzo de 2022.- A concellería de Deportes do Concello de Melide e a Asociación Deportiva Cerne suman esforzos en beneficio dos pacientes oncolóxicos menores de idade de Galicia coa organización da I Andaina Solidaria polo Camiño de Santiago. O evento, que se celebrará o sábado 2 de abril, destinará a súa recadación á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

A Andaina partirá ás 10.30h da praza do Convento, e cubrirá dúas distancias, de 8 e de 4,5 quilómetros. A inscrición pode facerse na app Sporttia ou no whatsapp 620 60 57 81. Tamén haberá unha fila 0 dispoñible para donativos (4 € nenos, 6 € adultos). As doazóns poden facerse na conta da ASANOG: ES61 2100 1453 2102 0025 9900.

O concelleiro de Deportes de Melide, José Prado, salienta que con esta proba “tanto dende o Concello como dende a Asociación Deportiva Cerne pomos en valor a faceta social do deporte”. “Sabemos que cando pensamos no deporte o primeiro que nos vén á cabeza é o coidado da saúde, pero a Andaina demostra que existen outros valores asociados á práctica deportiva como a solidariedade e o esforzo a prol das persoas que máis o necesitan”, valora Prado.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp