Novas

Máis novas

Melide adhírese a unha nova edición do Programa “Camiños de Coñecemento e Experiencia”

15/03/2022. Trátase dun programa de formación e aprendizaxe para persoas maiores de 50 anos.

MELIDE, 16 DE MARZO DE 2022-  O Concello de Melide en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela impulsa unha nova iniciativa de participación a través do programa Universitario de Maiores IV CICLO, dirixido aos maiores de 50 anos do noso Concello.

O proxecto preséntase baixo o título “Camiños de Coñecemento e Experiencia”. Trátase dun espazo de encontro e formación entre a universidade e o concello de Melide, a través do cal as persoas maiores de 50 anos que desexen participar desfrutarán da aprendizaxe en distintas área de coñecemento, como son as herdanzas en Galicia, o envellecemento saudable ou o cine.

A formación desenvolverase en sesións de noventa minutos no Edificio Multiusos de Melide, en horario de tarde de 16:30 a 18:00h, impartíndose sesión expositivas, interactivas así como sesión practicas que se concretan en visitas.

O programa celebrarase en Melide os días 18, 19, 21, 27, 28 de abril e o 2 de maio.

As persoas interesadas poden inscribirse no Departamento de Cultura do Concello de Melide, en horario de 09:00h a 14:00.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp