Novas

Máis novas

O Concello de Melide conmemora o 25N con actividades para todas as idades

22/11/2017. A alcaldesa de Melide, Dalia García, a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López Mourón, mantiveron esta mañá unha xuntanza de traballo para ultimar todos os detalles da programación que o Concello de Melide organiza con motivo do 25N

MELIDE 22 de novembro de 2017.-  O Concello de Melide ten programado diferentes actividades con motivo do 25N, día contra a Violencia de Xénero, que se celebrará este vindeiro sábado. Tal é así, que a alcaldesa de Melide, Dalia García e a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López, mantiveron na mañá de hoxe unha xuntanza de traballo para ultimar os detalles destas actividades.

A primeira inciativa que o Concello de Melide poñerá en marcha para conmemorar o 25 de novembro, será mañá xoves, cando na Radio Municipal se emita un programa especial onde participará a edil de Igualdade, acompañada de membros do Centro de Información á Muller. Con esta acción,  O Concello de Melide pretende denunciar a violencia de xénero, nas súas diferentes manifestacións e amosar a repulsa e rexeitamento contra esta lacra social que representa calquer tipo de violencia contra a violencia de xénero na sociedade actual.

O venres será a quenda para o alumnado de primaria que se desprazarán ata a Casa da Cultura de Melide a partir das 11 da mañá, alí participarán nun espectáculo que leva por nome “Maxia pola Igualdade” que correrá a cargo do mago melidense Dani Polo.

Dentro das actividades para conmemorar o 25N, o sábado 2 de decembro terá lugar unha Xornada de Respiro para mulleres a partir de 15 anos que se celebrará no Balneario Río Pambre en Palas de Rei. Será unha quedada entre veciñas da vila e da Comarca onde sairán da súa rutina e compartirán un día cheo de actividade.

INSCRICIÓNS

Para poder participar na Xornada de Respiro é necesario realizar unha inscrición previa antes do 29 de novembro chamando ao 981 50 50 03.

 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp