- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Melide contará cunha senda peonil na estrada de Sabián
11/03/2022. O novo itinerario permitirá incrementar a accesibilidade e a seguridade tanto para peóns coma para o tráfico rodado da contorna, facilitando unha mellor convivencia entre ambos
MELIDE 11 de marzo de 2022.- O Concello de Melide levará a cabo a construción dunha senda peonil en Sabián, nunha pista que carece desta infraestrutura pero é utilizada a diario por un número considerable de veciños e peregrinos. A senda peonil discorrerá pola marxe dereita da pista, aproveitando o dominio público existente. O itinerario realizarase canalizando a cuneta existente para a execución posterior dunha lousa de formigón apta para o percorrido a pé.
O goberno municipal, sinala que mediante esta infraestrutura dotarase á localidade dunha nova zona segura para a circulación de peóns, que vén sumarse a outras iniciativas semellantes desenvoltas no actual mandato, como a senda do Folicheiro. “As veciñas e veciños de Melide contarán cun novo espazo cómodo e seguro para andar”, salienta o alcalde, José Manuel Pérez.
Estas actuacións terán un custe de 57.600 euros e serán sufragadas con fondos provinciais con cargo ao Plan Único.
As tarefas atópanse en fase de licitación e as empresas interesadas en presentar as súas propostas poderán facelo ata o vindeiro día 28 de marzo de 2022. O prazo para executar estos traballos será de, aproximadamente, catro meses.